[16-09-2011] A Xunta de Goberno Local aprobou o Imposto de Bens Inmobles, o IBI, co que este ano o Concello recadará 4.794.578,46 €, que son 347.697,58 € máis que o ano 2010 debido a que a medida que pasan os anos o coeficiente reductor polo que se multiplica a base impoñible é menor o cal implica que o imposto a pagar sexa maior. O Concello recadará o IBI no mes de novembro, aínda que ese diñeiro xa está gastado polo anterior goberno municipal.
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou de xeito definitivo o proxecto de urbanización do polígono B7- 06 "Rego dos pasos Sur IV", onde o goberno local prevé ubicar a nova escola infantil de Bertamiráns. Esta área está situada a carón do paseo fluvial de Bertamiráns e nela hai unha parcela de equipamento de 3.389 metros cadrados na que o goberno local prevé situar a futura escola infantil de Bertamiráns, coa que se poría solución en gran medida ao problema de falta de prazas escolares que sofre o Concello de Ames debido ao considerable crecemento da poboación que ben rexistrando nos últimos anos.
A Xunta de goberno aprobou a contratación para a limpeza do CEIP a Maía
A Xunta de goberno aprobou tamén a contratación para a limpeza do CEIP a Maía por un importe de de 39.648,00 euros. O servizo de limpeza diario prestarase durante os meses de duración do curso escolar, ata o 30 de xullo do 2012. Ademais, antes do inicio do curso escolar, na época de Nadal e en Semana Santa realizarase unha limpeza xeral do centro.