Pestanas principais

O Concello reactiva a campaña “É hora de sumar” para axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas

Xoves, 21 de xaneiro de 2021

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado, volve a poñer en marcha o programa "É hora de sumar" debido ás consecuencias que está a provocar a pandemia da Covid-19. O servizo pretende axudar ás persoas maiores ou en situación de vulnerabilidade que vivan soas, ou persoas que teñan que gardar confinamento . Calquera persoa que precise do servizo ou que coñeza a alguén nesta situación pode chamar aos teléfonos 981 535 941 / 981 890 964 / 662 377 044, en horario de 9:00h ás 14:00 horas, ou por correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Toda a veciñanza amesá ten, de novo, á súa disposición, un servizo de atención telefónica para todas as persoas que estean soas ou nunha situación de illamento domiciliario. A campaña “É hora de sumar” pretende cubrir as necesidades básicas, tanto de atención persoal coma de produtos de primeira necesidade como: a compra, medicación...

Calquera persoa que precise do servizo ou que coñeza a alguén nesta situación pode chamar aos teléfonos 981 535 941 / 981 890 964 / 662 377 044, en horario de 9:00h ás 14:00 horas, ou por correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Dende a Oficina de Voluntariado infórmase de que o servizo de transporte adaptado municipal segue a funcionar de luns a venres, desde as 8:00 da mañá ata as 19:00 horas da tarde, para realizar todos os desprazamentos de persoas con dificultade de mobilidade: traslados a centros asistenciais e hospitalarios, rehabilitación, perruquería, realización de compras, realización de actos administrativos…

Para solicitar o servizo de transporte adaptado e/ou ter máis información, chamar ao número de teléfono 900 204 000 ou enviar un correo electrónico á dirección voluntariado@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

Lindeiros: "Ames recupera a atención telefónica para as persoas en risco vulnerabilidade ou confinamento"

cartela