Pestanas principais

O Concello probará a iluminación LED en Milladoiro e Bertamiráns

Sábado, 19 de novembro de 2011

[19-11-2011] O Concello de Ames está buscando alternativas para mellorar a eficacia enerxética en canto á iluminación no municipio e terá a proba catro luminarias LED na rúa Anxeriz cruce con rúa Cruxa durante unhas semanas nas que contará tamén coa opinión dos veciños sobre esta iniciativa. Para elo colocarase en establecementos da zona unha enquisa na que todos os que o desexen poderán marcar se lles gusta este novo sistema de iluminación. Haberá tamén un punto de luz LED a proba na Avenida da Mahía en Bertamiráns. A empresa ISOEN ENERGY prestouse desinteresadamente a colaborar con este proxecto cuxo obxectivo primordial é acadar un aforro drástico económico así coma levar a cabo unha actuación que beneficiará ao medioambiente producindo unha importante reducción de CO2. A empresa encargada da instalación será a amiense MELCA.

Esta tarde o Director xeral, e o Director de Grandes Contas da empresa ISOEN ENERGY, acompañados do alcalde de Ames, Santiago Amor, e outros concelleiros do grupo de goberno, así coma por varios veciños de Ames, fixeron a presentación do proxecto na rúa Anxeriz cruce con rúa Cruxa, no Milladoiro. Foi arredor das seis e media, cando se encenderon as novas luminarias que estarán unhas semanas a proba.

Según as primeias estimacións feitas polo executivo amiense este cambio no sistema de iluminación suporía unha importante reducción de dióxido de carbono (CO2), polo que supón unha actuación responsable e beneficiosa para o medio ambiente. Este servizo está agora en proceso de estudo e avaliación, para posteriormente licitalo.

Ademais dos establecementos da zona, onde se poderá escoller nunha enquisa sobre a impresión que causan as novas luces de LED nos veciños, todos os que o desexen poderán enviar un correo electrónico á dirección atencioncidada@concellodeames.org, informando sobre o seu parecer.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello de Ames instala cuatro led de prueba en la calle Anxeriz"