Pestanas principais

O Concello presenta o programa “Ames Saudable” ao Premio de Calidade da Rede Española de Cidades Saudables

Venres, 23 de outubro de 2020

A Rede Española de Cidades Saudables convoca a terceira edición do Premio de Calidade da Rede. O Concello de Ames participará na categoría de fomento de iniciativas que favorecen os estilos de vida saudables co programa “Ames Saudable”. A proposta do Concello para optar ao Premio de calidade aglutina a aposta polos hábitos saudables que se están a levar a cabo dun xeito transversal entre varias concellarías, destacando o papel enriquecedor e diferenciador que desempeña a nutricionista municipal ligada á Concellería de Promoción da Saúde.

Co obxectivo de recompilar e difundir as actuacións que están desenvolvendo os Gobernos Locais no ámbito da saúde local, a Rede Española de Cidades Saudables convoca a terceira edición deste certame. A RECS, que leva organizando proxectos dende o ano 1988, pretende favorecer o intercambio e a difusión de experiencias locais que contribúan a mellorar a saúde o benestar da cidadanía.

Para facilitar a oportunidade de presentar diferentes proxectos, a Rede Española de Cidades Saudables estableceu catro categorías diferentes. Deste xeito, repartiranse os premios de calidade ao “Fomento dun Desenvolvemento Urbano Saudable e Sostible”, ao “Desenvolvemento da Acción Comunitaria como medida de protección social y de promoción da saúde” e o premio na categoría especial “Covid-19”.

O Concello de Ames participará, co programa “Ames Saudable”, na categoría de calidade ao “Fomento de iniciativas que favorecen Estilos de Vida Saudables”.

Programa “Ames Saudable”
A proposta do Concello para optar ao Premio de calidade aglutina a aposta polos hábitos saudables que se están a levar a cabo dun xeito transversal entre varias concellarías, destacando o papel enriquecedor e diferenciador que desempeña a nutricionista municipal ligada á Concellería de Promoción da Saúde.

O proxecto “Ames Saudable”, dependente da Concellería de Promoción da Saúde, analiza a aposta pola saúde que se leva a cabo polo Concello de Ames nos diferentes ámbitos de aplicación e que aglutina durante todo o ano diferentes actividades para á veciñanza relacionadas co ámbito do fomento dunha alimentación saudable, promoción da actividade física en todas as idades, e a prevención de condutas aditivas con e sen sustancias.

Aposta por unha alimentación saudable
O carácter innovador e diferenciador do Concello de Ames na aposta continua por unha alimentación saudable, que se leva a cabo nos comedores escolares e servizos de saúde, son aspectos de calidade relevantes sobre o que o Concello quere basear a candidatura ao premio de calidade da Red de Ciudades Saludables.

No último trimestre, o programa achegou aos habitantes de Ames a oportunidade de participar en diversas andainas polas localidades de Milladoiro e Bertamiráns, así como rutas fóra do Concello nas fines de semana. Ademais, en novembro continuará a iniciativa “Activa o teu Outono”, unha serie actividades ao aire libre como andainas saudables e cursos de iniciación e consolidación á marcha nórdica.

O último proxecto de “Ames Saudable” foi a Escola Municipal de Saúde, que arrancou con obradoiros baixo o nome “Mulleres que se coidan, coida de ti”. Trátase dunha actividade anual composta por diferentes actividades, como ioga terapéutico, clases para coidar a saúde física e emocional, faladoiros sobre autocoidados, sensibilización, empoderamento, etc.

Ames saudable.