[10-12-2015] O Concello de Ames pon á disposición das persoas con dificultades de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións xerais que se celebran o domingo 20 de decembro de 2015. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o venres 28 de decembro, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.
O Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con minusvalía física e que se atopará o próximo 20 de decembro a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto.
Este vehículo dispón de nove prazas para persoas sentadas e dúas prazas para cadeiras de rodas. Polo tanto o microbús do servizo de transporte adaptado municipal dispón dun total de once prazas. O vehículo complétase coa condutora e a auxiliar de transporte que axuda a todas as persoas usuarias a subir e baixar do vehículo.
As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Para facer a reserva do servizo haberá que chamar ata o venres 18 de decembro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.
Con este servizo preténdese unha vez máis facilitar a vida diaria e o exercicio de dereitos, neste caso do dereito democrático ao voto, a todos aqueles veciños e veciñas afectados por unha minusvalía física que lles impide o seu desprazamento en vehículo propio ou transporte público non adaptado.