[20-05-2011] O Concello de Ames pon á disposición das persoas con algún tipo de minusvalía un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións municipais que se celebran o vindeiro 22 de maio de 2011. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cós encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Haberá que chamar cunha antelación mínima de 24 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.
A través do programa de transporte adaptado as persoas con problemas de mobilidade teñen a posibilidade de poder participar nas eleccións municipais que se celebran o vindeiro día 22 de maio de 2011.
O Concello de Ames dispón dun vehículo especialmente habilitado para o transporte de persoas con minusvalía física e que se atopará o próximo 22 de maio a disposición de todos os veciños e veciñas de Ames para facilitar o exercicio do dereito ao voto. Este vehículo dispón de nove prazas para persoas sentadas e dúas prazas para cadeiras de rodas. Polo tanto o microbús do servizo de transporte adaptado municipal dispón dun total de once prazas. O vehículo complétase coa condutora e a auxiliar de transporte que axuda a todas as persoas usuarias a subir e baixar do vehículo.
As persoas interesadas deberán poñerse en contacto cós encargados da xestión do transporte chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000. Haberá que chamar cunha antelación mínima de 24 horas. Deste xeito todas as persoas que sufran algún tipo de minusvalía disporán dun servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio.
Con este servizo se pretende unha vez máis facilitar a vida diaria e o exercicio de dereitos, neste caso do dereito democrático ao voto, a todos aqueles veciños e veciñas afectados por unha minusvalía física que lles impide o seu desprazamento en vehículo propio ou transporte público non adaptado.