Pestanas principais

O Concello lembra as normas e medidas de seguridade que rexerán na Xornada Electoral do 12 de xullo

Xoves, 09 de xullo de 2020

Os cidadáns de Ames votaremos nos mesmo colexios electorais que o o viñamos facendo nas últimas convocatorias. Tan só hai un cambio respecto as anteriores eleccións. No colexio electoral de Ventín cambiase a ubicación da mesa que pasará a estar no pavillón do CEP de Ventín. Será obrigatorio o uso da máscara e votaremos acolléndonos a estritas medidas de seguridade e protección sanitaria: entraremos de un en un nos colexios, camiñaremos por circuítos marcados que impedirán que nos crucemos, daremos prioridade de acceso aos maiores de 65 anos, persoas con problemas de mobilidade e aos seus coidadores, e disporemos de xel desinfectante, luvas para as persoas alérxicas, e máscaras á entrada dos colexios. Ademais faranse tarefas de limpeza e desinfección nos locais electorais antes, durante e despois da xornada electoral. Recoméndase non ir a votar nas horas centrais do día ou nas de máis previsión de afluencia. Lémbrase que o venres 10 de xullo remata o prazo para solicitar o servizo de Transporte Adaptado.

As principais variacións con respecto a outras convocatorias electorais céntranse na recomendación de votar por correo, sempre que sexa posible. Ademais establécense medidas de protección para os membros de mesa e para os votantes. No acceso ao local haberá xel desinfectante, guantes para os alérxicos e máscaras que se deberán utilizar obrigatoriamente, agás que a persoa votante xa acuda ao local electoral provista dunha máscara propia ou acrediten contradición médica para o seu uso. Aos membros de mesa proporcionaráselles máscaras e pantallas.

Protocolos de limpeza e desinfección
Faranse as tarefas de limpeza e desinfección dos colexios electorais fixadas no Protocolo, de xeito que se limparán os locais antes do inicio da xornada, varias veces mentres transcorre e unha vez máis ao remate da mesma. No interior dos locais electorais estableceranse circuítos que impidan que a xente se cruce. Tamén se poñerán en marcha controis de acceso na entrada para evitar que entre máis dun elector á vez por cada mesa. Por iso é moi importante que os electores leven o voto preparado da casa (se isto fose posible), que leven a tarxeta censal para ir directamente á mesa que lles corresponde e que non comparezan nas horas de maior afluencia a fin de evitar colas.

Os maiores de 65 anos, persoas con discapacidade e as persoas que estas precisen para o seu auxilio terán prioridade para a entrada nos locais electorais.

Os locais de Ames seguen sendo os mesmos. Tan só hai un cambio respecto as anteriores eleccións. No colexio electoral de Ventín cambiase a ubicación da mesa que pasará a estar no pavillón do CEP de Ventín, que é un espazo máis amplo que o utilizado ata agora.

Un bando emitido pola alcaldía lembra todas estas normas e recomendacións, facendo especial fincapé nas recomendacións de votar por correo, levar o voto e a tarxeta censal preparados da casa e o uso obrigatorio de máscaras nos colexios electorais.

Transporte Adaptado
O Concello de Ames mantén o seu servizo de Transporte Adaptado para facilitar o dereito ao voto a aquelas persoas con problema de mobilidade que lles impide desprazarse en vehículo propio ou transporte público non adaptado. O prazo para reservar este servizo remata o venres, 10 de xullo, ás 14:00 horas. Pódese reservar nos teléfonos 900 204 000 e 662 377 044 e a través do enderezo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Más de 13.000 personas cambiarán de mesa electoral en ocho concellos"

Casa do Concello