Pestanas principais

O Concello invita ás familias de acollida a participar no programa de Mindfulness de Acougo

Mércores, 25 de agosto de 2021

A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa asociación Acougo, anima aos veciños e veciñas de Ames a anotarse nunhas xornadas de Mindfulness. É preciso cubrir este formulario para inscribirse previamente. As actividades desenvolveranse entre setembro e decembro.

Trátase dun proxecto no que participarán as crianzas e as súas familias acolledoras, ou familias que queiran selo. Na actividade, traballaranse ferramentas  para mellorar o manexo dos pensamentos, a expresión das emocións, a escoita e a comunicación familiar.

Acougo é unha asociación, integrada por familias,  que defenden os dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público.

Está previsto que a actividade se desenvolva entre os meses de setembro e decembro. Para participar é necesario cubrir o formulario dispoñible.

Pódese obter máis información en info@acougo.gal ou no 622 672 188.

Sinatura do compromiso de colaboración
En outubro de 2020, a presidenta da Asociación de acollemento familiar “Acougo”, Carmen Dourado, acompañada de Natalia Gómez Bayón, nai de familia acolledora do Milladoiro, reuníronse coa concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijóo, co obxectivo de pedir colaboración ao concello de Ames para difundir o programa e para solicitar que a administración local facilite a resolución dos trámites burocráticos que decotío teñen que afrontar as familias que acollen. A concelleira comprometeuse apoiar a “Acougo” tanto para dar a coñecer este programa como para estudar modos que faciliten os trámites que dependen do concello.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, quixo agradecer a  labor de Acougo: “Non é doado dar o paso e unha vez que se da é fundamental ter esa base de apoio como a que ofrecen dende a asociación dando  orientación, información, dotando de ferramentas e sobre todo acompañando ás familias durante esta viaxe tan marabillosa e enriquecedora  e a vez tan  necesaria para que estes rapaces e rapazas que viven nun momento de incertidume e desprotección poidan desenrolarse plenamente no seu dunha familia ata que poidan voltar cas súas familias”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Mindfulness para que las familias de acogida mejoren su convivencia"

Acougo

Multimedia

  • Acougo