[04-09-2014] O Concello de Ames acaba de comunicar que o servizo de monitores/as da Rede Municipal de Comedores Escolares será prestado pola empresa A Billarda S.L. Durante a mañá deste xoves, 4 de setembro, procedeuse á apertura das ofertas solicitadas ás empresas que participaran no procedemento de licitación anterior, COESCO e A Billarda SL, así como á anterior adxudicataria, Ágora Aberta. A través deste procedemento adxudicouse o servizo, mentres non se resolve unha nova licitación, á empresa A Billarda S.L. por ser a oferta máis vantaxosa.
O Goberno municipal de Ames estivo traballando durante esta semana, xunto cos servizos técnicos do Concello, para que o servizo da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames, un dos servizos municipais máis importantes, comece a funcionar con total normalidade o vindeiro mércores, 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar 2014-2015.
Deste xeito, os servizos técnicos do Concello de Ames van articular un contrato administrativo, para dar cobertura a este servizo a partir do día 10 de setembro, coa empresa A Billarda S.L. Durante a mañá deste xoves, 4 de setembro, procedeuse á apertura das ofertas solicitadas ás empresas que participaran no procedemento de licitación anterior, COESCO e A Billarda SL, así como á anterior adxudicataria, Ágora Aberta. A través deste procedemento adxudicouse o servizo, mentres non se resolve unha nova licitación, á empresa A Billarda S.L. por ser a oferta máis vantaxosa.
O servizo prestarase en igualdade de condicións que se viña facendo, e garantindo a continuidade do persoal que viña traballando neste servizo. Porén, dende o Goberno municipal quérese deixar claro que “se cumpre co manifestado en días anteriores respecto de garantir o servizo nas mesmas condicións que se viña facendo con anterioridade, e co persoal que o viña prestando ata o de agora”.
O Goberno municipal informou deste proceso tanto á oposición municipal como ás ANPAS e ó Comité de Empresa. Ademais, de maneira inmediata iniciarase un novo proceso de licitación para que se poida adxudicar este servizo antes de final de ano.
O alcalde de Ames, Santiago Amor, destacou que “resolvemos esta situación tal e como nos comprometemos dende o primeiro momento. Deste xeito, o vindeiro mércores, 10 de setembro, o servizo de monitores da Rede Municipal de Comedores Escolares prestarase con normalidade como se viña facendo con anterioridade”.
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "A Billarda gestionará los monitores en los comedores escolares de Ames"
El Correo Gallego: "Ames garantirá o servizo de monitores da Rede Municipal de Comedores para o vindeiro curso"




