[10-11-2016] O alcade de Ames, Xosé Miñones, acompañado do concelleiro de obras, Blas García, visitou as obras que se están executando en varios lugares da parroquia de Transmonte e que corresponden á reparación de interiores no lugar de O Reino, a reparación do camiños que une as aldeas de Trasmonte e Suevos e maila reparación do camiño da aldea de Salgueiro. Estas obras están incluídas no Plan de aforro e investimento (PAI) 2015 da Deputación Provincial da Coruña. Tamén se visitaron as obras de mellora de dous camiños situados nos lugares de Insua (Agrón) e Frenza (Tapia), incluídas no plan adicional DTC 93.
As obras que se están realizando na parroquia de Transmonte foran adxudicadas á empresa Construcciones Ponciano Nieto SL por un importe de 46.471 euros. Na obra de reparación do camiño interior da aldea do Reino estase actuando nunha zona que está dividida en oito treitos de 120x3,00; 90x3,00; 85x4,00; 10x3,00; 20x5,50; 30x3,00; 35x3,50; e 30x4,00 metros, así como en 75 metros cadrados de sobreanchos. A través destes traballos estase mellorando o firme de dito camiño con dez centímetros de formigón (o que inclúe a colocación dunha malla e de xuntas de dilatación). Ademais, nos treitos de 35x3,50 e 30x4,00 metros aplícase dez centímetros de zahorra antes de botar o formigón.
No camiño que une as aldeas de Trasmonte e Suevos realízanse traballos de mellora do firme nun tramo de 750 metros de lonxitude e 4 metros de ancho, así como 200 metros cadrados de sobreanchos. Deste xeito, mellórase a capa de rodaxe deste viario coa aplicación dun tratamento asfáltico superficial e un rego de selado en toda a plataforma. Previamente se reparan as fochancas existentes e se perfilar as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e maila limpeza de salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
A reparación do camiño que discorre polo lugar de Salgueiro execútase en dous treitos de 420x4,00 e 250x3,50 metros. A través desta actuación mellórase a capa de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e cun rego de selado en toda a plataforma. Neste caso tamén se reparan as fochancas existentes e se perfilar as mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.
Ademais, neste mesmo camiño estase actuando noutros tres treitos de 40x3,00; 60x4,00; e 50x3,00 metros aplicando dez centímetros de formigón (incluído a colocación dunha malla e xuntas de dilatación), previa demolición do pavimento existente. Finalmente, contémplase a apertura de gabias, a limpeza de salvagabias, a canalización de 6 metros de taxea de formigón de 40 centímetros de diámetro e maila execución de 60 metros de gabia revestida de formigón para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Por outra banda, nas obras de melloras en dous camiños situados nos lugares de Insua (Agrón) e Frenza (Tapia), incluídas no plan adicional DTC 93, invístense total de 21.879,23 euros, IVE incluído. Os traballos, adxudicados á empresa Eulogio Viñal Obras y Construcciones SA, están dirixidos a acondicionar a capa de rodaxe dos camiños e a colocar a correspondente sinalización horizontal. A finalidade é mellorar a seguridade viaria, tanto de peóns coma de vehículos.
Na obra de reparacións interiores en Insua actuase nunha zona que se divide en tres treitos diferentes de 670x4; 135x3 e 200x3,50 metros, así como en 150 metros cadrados de sobreanchos. A través desta actuación mellorase a capa de rodaxe cun tratamento asfáltico superficial e cun rego de selado. Previamente, reparanse as fochancas existentes e perfílanse as mordentes con grava e cun tratamento asfáltico semiprofundo. Finalmente, contémplase a apertura de gabias e maila limpeza de salvagabias para que se produza un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Na obra de reparación no camiño que vai dende o lugar de Frenza ata a capela da Madalena execútase nunha zona que está dividida en dous treitos de 960x3 e 50x12 metros, así como en 125 metros cadrados de sobreanchos. A través destes traballos estase mellorando a capa de rodaxe deste camiño cun tratamento asfáltico superficial e cun rego de selado. Como no caso anterior, previamente repáranse as fochancas e perfílanse as mordentes con grava e cun tratamento asfáltico semiprofundo.
Finalmente na actuación de Frenza, contémplase a apertura de gabias e a limpeza de salvagabias, así como o emprego de pedra en rama nas zonas que é necesario para un correcto drenaxe lonxitudinal e transversal.
Para o concelleiro de obras, Blas García, “estas obras son moi importantes para o desenvolvemento e a posta en valor do rural e responden a intención do goberno de atender e potenciar as aldeas e os lugares rurais, de xeito que os veciños e veciñas teñan unhas óptimas condicións de vida.
Contido relacionado

El Correo Gallego:"Saneamiento en Trasmonte y reparaciones para Tapia"




