David Santomil, concelleiro de Educación, visitou os centros escolares CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño, onde o Concello de Ames vai realizar unha actuación de reparación e mantemento das pistas polideportivas. As actuacións consistirán na intervención e acondicionamento do terreo e revestimentos interiores e acabados. A contía da execución é de 34.998,99 euros.
O concelleiro de Educación visitou, este martes 29 de xuño, os centros escolares CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño para coñecer o estado en que se encontran as pistas deportivas. O Concello de Ames vai levar a cabo unha reparación das mesmas no marco do Plan de Mellora de patios escolares do Concello de Ames. O plan contempla neste ano 2021 a reparación dos patios destes dous centros situados en Barouta e Ortoño respectivamente. A contía da execución é de 34.998,99 euros.
As actuacións que se van realizar consisten no acondicionamento do terreo, na limpeza con auga a presión do pavimento, os revestimentos interiores e acabados, así como o pintado de liñas con pintura.
Segundo David Santomil, concelleiro de Educación, as obras responden á necesidade de ter o pavimento dos pavillóns en boas condicións para a práctica deportiva escolar e extraescolar, pois en ambos pavillóns realízanse actividades das escolas deportivas municipais, entre as que destaca a patinaxe, para as que é fundamental ter un pavimento en boas condicións e ben marcado.
En canto aos prazos, dadas as características das obras, considérase necesario e suficiente un período de dous meses para a correcta terminación das mesmas.
Novas relacionadas
Revista AmesGO: "A obra de reparación das pistas deportivas do CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño durará dous meses"








