[03-04-2011] O Concello de Ames é consciente da importancia que ten o coidado dunha rede ecolóxica europea como é a natura 2000. O Val da Maía está incluído na Rede Natura 2000, dentro do sistema fluvial Ulla-Deza, e abarca o último tramo do río Sar ao seu paso polo concello de Ames. Co obxectivo de valorizar esta zona o Concello de Ames vén de asinar un contrato con unha empresa que dispón dun ampla experiencia no desenvolvemento de traballos medio ambientais, para poñer en marcha un proxecto piloto de recuperación das ribeiras do rio Sar no tramo que comprende a Rede Natura 2000 ao seu paso polo termo municipal de Ames. Este proxecto está sufragado a través da subvención dedicada a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000. No acto de sinatura estivo presente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Medio Ambiente, Úrsula Seijas, e dous representantes da empresa que desenvolverá este traballo. O obxectivo é aplicar distintas técnicas en pequenas superficies, que permitan dispoñer dunha experiencia para futuras aplicacións noutras zonas do río.
A Rede Natura 2000 é a rede de espazos naturais protexidos a nivel da Unión Europea, co obxectivo de coidar os espazos naturais máis importantes de toda Europa. O Val da Maía está incluído na Rede Natura 2000, dentro do sistema fluvial Ulla-Deza, e abarca o último tramo do río Sar ao seu paso polo concello de Ames, así como os terreos limítrofes. Dentro deste espazo da rede natura, o correspondente co noso termo municipal é un total de 5,97 hectáreas, o que supón un 0,70% da superficie do concello.
Este espazo de protección medio ambiental, que abarca un tramo do río Sar ao seu paso polo termo municipal de Ames, ten un gran valor ambiental e conta cunha flora e fauna moi determinada e especial. Sen embargo, o río soporta moitísimas agresións externas: contaminación por materia orgánica, destrución das charcas que se crean estacionalmente, desaparición de regatos, mananciais e da vexetación de ribeira... Todo iso supón unha forte ameaza para este medio fluvial xa que desborda a súa capacidade de autorexeneración.
A perda total da vexetación de ribeira nalgúns tramos do río ten unhas graves repercusións medio ambientais. A vexetación do espazo ripario (bandas de vexetación que estabilizan as beiras do río) diminúen a velocidade da auga, e polo tanto o efecto das avenidas, e favorecen a conexión entre a canle e a chaira de inundación. Ademais estas bandas de vexetación cumpren outras funcións fundamentais como crear sombra no río, baixando a súa temperatura e serven de hábitat a unha gran multitude de especies evitando a perda de biodiversidade.
A caída das poucas árbores que quedan nestas zonas degradadas interrompen a normal circulación da auga provocando máis erosión e unha maior perda de vexetación. Ademais este proceso provoca que os colectores de augas fecais queden ao descuberto co conseguinte perigo de ruptura. Este é un proceso cíclico que se repite continuamente se non se lle pon fin.
Para intentar frear este proceso o Concello de Ames vén de asinar un contrato cunha empresa que conta cunha ampla experiencia en métodos medio ambientas para desenvolver un proxecto piloto de técnicas de restauración das marxes e ribeiras do río Sar, na zona que engloba a rede natura. No acto de sinatura estivo presente o alcalde de Ames, Carlos Fernández, a concelleira de Medio Ambiente, Úrsula Seijas, e dous representantes da empresa que desenvolverá este traballo.
Agora coa sinatura deste contrato vanse realizar unha serie de ensaios co fin de intentar frear a erosión e recuperar a vexetación das ribeiras do río Sar. O obxectivo é obter un modelo que se poida aplicar noutros tramos do río que estean deteriorados, de xeito que co tempo se chegue a recuperar e restaurar as marxes e as ribeiras. Cómpre salientar que este proxecto está sufragado a través da subvención dedicada a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000.
Polo tanto esta empresa vai desenvolver algunhas das técnicas que emprega en materia de biorestauración de ríos e ribeiras, co obxectivo de que no futuro poidan ser empregadas noutras zonas do río Sar e incluso noutros ríos de Galicia. A través destes sistemas vaise intentar que as ribeiras volvan a dispor de vexetación co fin de evitar a erosión dos noiros e a conseguinte caída das árbores. Deste xeito as raíces das árbores suxeitarán a terra dos noiros e axudarán a que as marxes do río volvan a dispor da súa vexetación propia.
Plan de traballo
Primeiro vaise realizar unha avaliación da situación de partida para determinar o estado no que se atopa o río nestes momentos. Para iso vaise a recorrer o río, dividindo o mesmo en varios traxectos de aproximadamente 20 ou 30 metros, identificando cada un deles debidamente e sacando varias fotografías do estado actual da canle e das marxes e ribeiras do mesmo.
A continuación vanse determinar os puntos de actuación. En base aos datos obtidos na fase anterior, catalogaranse as distintas zonas afectadas, xa que non todas presentan os mesmo fenómenos nin tampouco o mesmo grao de deterioro. Nesta segunda fase de traballo tamén se van a seleccionar os puntos onde se van aplicar as medidas de restauración. O obxectivo é aplicar distintas técnicas en pequenas superficies, que nos permitan dispoñer dunha experiencia para futuras aplicacións noutras zonas do río.
A seguinte fase do traballo atinxe á selección de técnicas de restauración e a definición das técnicas seleccionadas no río Sar. Trátase de definir cal é o proceso construtivo das distintas técnicas que se van aplicar, para que posteriormente o persoal responsable da súa execución poida levalas a cabo. Despois diso xa se comezará coa fase de execución. Todas esta fase será documentada con fotografías e vídeos co fin de que poida servir no futuro para aplicar noutras zonas do río.
A última fase será a de seguimento e conclusións do traballo realizado. O obxectivo é o de delimitar os problemas que xurdan durante a execución do proxecto para poder obter conclusións de cara a futuras accións. Por último, emitiranse unha serie de conclusións á raíz da posta en marcha deste plan de seguimento, así como unhas recomendacións na liña de ofrecer medidas complementarias aconselladas e o seu nivel de urxencia en canto a súa aplicación.
No momento en que se remate cada unha das fases a empresa encargada deste proxecto entregáralle un informe resumen ao Concello, que lle permita estar ao tanto da evolución dos traballos realizados.
A nova noutros medios dixitais:
Contido relacionado

La Voz de Galicia: "Un proyecto tratará de frenar la erosión del Sar en Ames"
La Voz de Galicia: "Un proyecto tratará de frenar la erosión del Sar en Ames"
El Correo Gallego: "Proyecto piloto para restaurar las riberas del Sar en el tramo amiense"
El Correo Gallego: "Proyecto piloto para restaurar las riberas del Sar en el tramo amiense"




