Pestanas principais

O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, únese a conmemoración do Día Mundial Contra o Cancro

Mércores, 03 de febreiro de 2021

O xoves 4 de febreiro, a Casa do Concello iluminarase de cor verde para conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro. O obxectivo é visibilizar, concienciar e mobilizar á sociedade para avanzar na prevención e control desta enfermidade. Baixo o lema ,"O cancro estaba, está e estará presente a pesar da COVID e tódolos días do ano" pretendemos  que se teña presente.

A Organización Mundial da Saúde, o Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro e a Unión Internacional contra o Cancro celebran este 4 de febreiro o día en contra desta enfermidade. Estímase que, aproximadamente, un de cada dous homes e unha de cada tres mulleres terá cancro. Cada ano diagnostícanse no mundo máis de 14 millóns de casos novos e a enfermidade provoca 9,6 millóns de mortes anuais.

Dende o año 2019, o lema da campaña do Día Mundial contra o Cancro é “Eu son e vou a”. Deste xeito, preténdese facer un chamamento a calquera persoa para actuar e loitar contra a enfermidade. Calquera acción individual pode supoñer un cambio a nivel global, e isto é o que se quere mostrar.

A Asociación Española Contra o Cancro organiza para o xoves 4 de febreiro, un encontro dixital de 11.30 a 12.30 horas. Neste foro tratarase o impacto da COVID-19 nas persoas afectadas polo cancro baixo o título “Novos desafíos entre vellos retos”. Poderase asistir de xeito virtual premendo nesta ligazón.

Premendo nesta ligazón, pódese ver o vídeo desta campaña internacional 2021 da asociación World Cancer Day, baixo o título “Xuntos, todas as nosas accións importan”.

Día Mundia contra o Cancro.