- Tematica
O 8 de xullo celébrase o Día Mundial da Alerxia, unha doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. O Concello de Ames súmase á campaña de iluminar os seus edificios públicos de cor azul co obxectivo de previr e concienciar á poboación sobre as enfermidades alérxicas.
O Concello de Ames vai estar iluminado dende hoxe mércores 7 de xullo ata o venres 9.
As alerxias son reaccións do sistema inmunolóxico a algo que normalmente non lle molesta á maioría das persoas. As alerxias máis comúns son aos ácaros, aos animais, ás plantas, a certos alimentos, ás picaduras de insectos e a algúns fármacos.
O sistema inmunitario responde esaxeradamente ante estas sustancias con goteo nasal, esbirros, picor ou asma. Estas reaccións varían moito e poden ser leves, moderadas ou graves.
A celebración do Día Mundial da Alerxia ten un dobre obxectivo: educar para a prevención das enfermidades causadas pola alerxia, así como, buscar tratamentos efectivos que melloren a calidade de vida das persoas que a padecen.