Pestanas principais

O concello de Ames suspende o baldeo das rúas e restrinxe a rega ao mínimo

Venres, 29 de xullo de 2011

[29-07-2011] A concellería de Medio ambiente, Desenvolvemento Sostible e Sanidade amiense iniciou xa no comezo do verán unha campaña de consumo de auga responsable debido á posibilidade de  presentárense problemas co abastecmento de auga potable. A concelleira de Medio ambiente, Eugenia Martín Vicente, anunciara medidas para reducir e racionalizar o consumo de auga no Concello de Ames, unhas medidas que, ante o empeoramento da situación, vólvense agora máis drásticas, coa suspensión do baldeo das rúas e coa restrición ao mínimo da rega. Eugenia Martín pide “que a poboación actúe de xeito responsable, pois a situación é realmente alarmante”.