[03-02-2017] O Concello de Ames súmase aos actos que organiza a Asociación Española Contra o Cancro, na súa delegación de Santiago de Compostela, con motivo do Día Mundial contra o Cancro que se conmemora este sábado 4 de febreiro. Deste xeito, hoxe, ás 17:00 horas, impartirase unha charla no local da piscina municipal de Brión para dar a coñecer o traballo de dita asociación. Mañá acudirán ao partido de baloncesto entre o Obradoiro CAB e o Básquet Manresa para repartir información sobre a importancia de manter unha vida sa para previr esta enfermidade. Ademais, están traballando na organización da cea anual que este ano será o 9 de xuño.
A concelleira de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Luísa Feijóo, indica que “cada ano o 4 de febreiro conmemórase o Día Mundial contra o Cancro. A pesar de que nos últimos anos avanzouse bastante no proceso de desestigmatización do cancro e na súa aceptación social, aínda queda moito camiño por percorrer. O problema está en que cando nunca che tocou de cerca vivimos como illados, o marxe do mundo oncolóxico, como nunha especie de burbulla, pensado que iso non che vai tocar e cando se diagnostica un cancro a burbulla rompe e a persoa móstrase vulnerable e necesita apoio e información”.
Por iso é necesario que a sociedade en xeral se achegue no seu día a día a realidade do cancro, esta labor realízana asociacións como Asociación Española Contra o Cancro, coa que o Concello de Ames colabora de xeito habitual e coa que se levan a cabo diversas actividades tanto de concienciación, divulgación, información e apoio. Deste xeito, con motivo do Día Mundial contra o Cancro ao longo deste mes realizaranse varias actividades para dar a coñecer dita entidade e o traballo que desenvolve.
Este venres, 3 de febreiro, ás 17:00 horas, impartirase unha charla no local da piscina municipal de Brión para dar a coñecer o traballo de dita asociación. Mañá acudirán ao partido de baloncesto entre o Obradoiro CAB e o Básquet Manresa para repartir información sobre a importancia de manter unha vida sa para previr esta enfermidade. Repartirán un kit informativo no que se indica que manter unha vida saudable favorece nun 90% non contraer dita enfermidade. Ademais, están traballando na organización da cea anual que este ano será o 9 de xuño.