Pestanas principais

O Concello de Ames súmase aos actos institucionais do 8M cunha andaina pola Ruta Rosaliana

Mércores, 26 de febreiro de 2020

Os concellos da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela) organizan para o Día Internacional da Muller a andaina “Rosalías da Vida” que terá unha distancia de 20 quilómetros. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas coa chegada ao acto institucional que se realizará na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Os/as participantes de Ames uniranse á andaina en Padrón, na praza de Rodríguez Cobián, ás 9.30 horas. Haberá dous puntos de avituallamento, en Padrón e no Milladoiro. O obxectivo é conmemorar o 8M tendo presente a Rosalía de Castro, unha muller que marcou un antes e un despois na nosa historia.

A andaina “Rosalías da Vida”, que conta cun percorrido de 20 quilómetros de distancia, é un evento no que colaboran os concellos que forman parte da Ruta Rosaliana (Ames, Brión, Dodro, Padrón e Santiago de Compostela). A saída está programada para ás 9.00 horas dende Torres de Hermida, Lestrobe, en Dodro, pero faranse diferentes paradas por todos os concellos que forman parte da ruta. Desta maneira, ás 9.30 horas pasarase pola praza de Rodríguez Cobián (Padrón), ás 13.00 horas por Parada de Francos, e xa ás 16.00 horas pasarase por Ames, pola Casa da Cultura do Milladoiro.

Por parte do Concello de Ames, a andaina está organizada polas Concellarías de Turismo e Benestar Social. Dende Ames haberá servizo de autobuses tanto para ir ao comezo da andaina en Dodro, como para saír dende O Milladoiro, ás 16.00 horas. Neste caso o servizo de autobús será dende Bertamiráns ata O Milladoiro. Así, ás 8.15 horas haberá  parada na Capela de Santa Minia en Brión, 8.30 horas dende a praza da Concello de Bertamiráns e ás 8.45 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro. Tamén haberá servizo de autobuses para o regreso, dende a dársena de Xoán XXIII, ao rematar os actos.

Os/as participantes de Ames uniranse á andaina en Padrón, na praza de Rodríguez Cobián, ás 9.30 horas. Haberá dous puntos de avituallamento, en Padrón e no Milladoiro. A chegada a Santiago de Compostela está prevista para ás 18.00 horas, para asistir ao acto institucional do Día Internacional da Muller que se desenvolverá na praza do Obradoiro. É unha andaina tranquila, apta para todos os públicos. Recoméndase levar algo para o xantar. Así, arredor das 13.00 horas, en Parada de Francos, farase un descanso dunha hora para comer.

Para formalizar as inscricións, pódese enviar un correo electrónico a servizos_sociaisberta@concellodeames.gal ou chamando ao número 981 890 964. O prazo de inscrición está aberto ata o 5 de marzo.

A andaina enmárcase na Ruta Rosaliana
A Ruta Rosaliana é un percorrido que recorre el espazo vital e poético da escritora galega Rosalía de Castro. A ruta transcorre entre Santiago e Padrón, con lugares vinculados sentimentalmente coa escritora, manifestándose de forma patente na súa obra poética. O escritor Avelino Abuín foi quen promoveu a creación desta ruta xa no ano 1980. A ruta transcorre polos concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago de Compostela a beira do río Sar. Un río que para Rosalía foi un río literario, pero tamén o río da súa vida.

Andaina Rosalías da Vida

Multimedia

  • Andaina Rosalías da Vida