Venres, 08 de maio de 2015
[08-05-2015] Unha muller de 65 anos faleceu esta mañá no Hospital de Ourense a causa das feridas que lle ocasionou o seu marido cunha arma branca.
Coma noutras ocasións, o Concello de Ames manifesta o seu rexeitamento á violencia de xénero, reforzando a idea que se recolle na Declaración da Conferencia Mundial sobre a Muller, que se celebrou en Beijing no ano 1995.