O Concello de Ames vén de enviarlle hoxe, 22 de maio, un escrito á Consellaría de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, no que se solicita unha mellora da seguridade viaria na contorna do CEIP da Maía e do IES de Ames. Deste xeito, dáse traslado das queixas realizadas pola comunidade educativa, e en especial polas ANPAS do CEIP A Maía e do IES de Ames, a raíz do accidente acontecido no paso de peóns que hai nas inmediacións destes centros educativos (estrada AC – 544, punto quilométrico 1), de Bertamiráns, para que se adopten as medidas que se estiven oportunas por parte da Administración autonómica. Esta mesma solicitude xa foi feita en varias ocasións.
O Concello de Ames leva dende o ano 2015 realizando varias actuacións dirixidas a mellorar a seguridade viaria na contorna do CEIP da Maía e do IES de Ames. Deste xeito, fíxose unha reorganización da dársena de autobuses de transporte escolar que estacionan na contorna destes centros e habilitouse unha senda peonil provisional dende o pavillón polideportivo para que nenos/as, pais e nais poidas transitar a pé con maior seguridade.
Neste senso, no pasado mes de abril, adxudicáronse as obras para ampliar a beirarrúa da estrada AC-544, que discorre entre o punto de acceso ao pavillón polideportivo de Bertamiráns e o portal de entrada do CEIP da Maía. Estas obras, que foron adxudicadas por un importe de 77.227 euros, teñen o obxectivo de ampliar esta beirarrúa dándolle un metro máis de ancho e facer unha senda escolar co obxectivo de mellorar a seguridade de todos os pais/nais e alumnos/as que transitan diariamente por este lugar. Deste xeito, dáse cumprimento a unha vella reclamación da comunidade educativa.
Ademais, lévanse mantido varias xuntanzas coa comunidade educativa para afondar na mellora da seguridade viaria destes centros educativos. En maio de 2017, tras unha xuntanza coa dirección e a ANPA do CEIP da Maía, xa se lle fixo esta mesma solicitude á Xunta de Galicia.
Agora, seguindo esta liña de traballo, vén de enviárselle hoxe, 22 de maio, un escrito a Consellaría de Infraestruturas de Vivenda da Xunta de Galicia no que se solicita unha mellora da seguridade viaria nesta zona da AC-544. Deste xeito, dáse traslado das queixas realizadas pola comunidade educativa e en especial polas ANPAS do CEIP A Maía e do IES de Ames a raíz do accidente acontecido no paso de peóns que hai nas inmediacións destes centros educativos (estrada AC – 544, punto quilométrico 1), de Bertamiráns, para que se adopten as medidas que se estiven oportunas por parte da Administración autonómica.
Informe sobre as necesidades de mellora
Os axentes da Policía Local elaboraron un informe sobre as necesidades de mellora dos pasos de peóns e da rede de semáforos que existen na contorna destes centros de ensino. Así, especifícase que as medidas que se poderían adoptar para mellorar a seguridade neste lugar sería a colocación dun semáforo de peóns ou elevar o paso de peóns que está situado xusto diante da entrada do CEIP da Maía, para así obrigar aos vehículos a reducir a velocidade.
Outra medida para tratar de reducir a velocidade nesta zona sería colocar sinais limitando a velocidade a 30 Km/h, semellantes aos que existen nas inmediacións do CEIP Agro do Muíño, xa que actualmente está a 50 km/h. En dito información tamén se indica que sería conveniente mellorar a iluminación debido a que os días de choiva e en período invernal, principalmente cando entran os/as alumnos/as pola mañá, existe unha importa falta de visibilidade co conseguinte perigo de que se produzan posibles atropelos.







