Pestanas principais

O Concello de Ames solicita ofertas ás entidades bancarias para contratar unha operación de tesouraría a corto prazo por valor de 2.775.000euros

Xoves, 26 de xaneiro de 2012

[26-01-2012] O concello de Ames abriu o prazo de solicitudes de ofertas ás entidades bancarias para contratar unha operación de tesouraría a corto prazo por valor de 2.775.000 euros. Esta operación permitiralle á administración local dispor de certa liquidez para o pagamento de facturas a provedores mentres non se recadan os impostos municipais. No pasado mes de decembro devolveuse a operación de tesouraría do ano 2011. Un informe do departamento de tesourería acredita a necesidade de obter liquidez para os próximos tres ou catro meses, antes do cobro de impostos coma o IBI (Imposto de Bens Inmobles).

A tesourería do Concello de Ames, como consecuencia da configuración do calendario do contribuínte, no que o tributo de maior capacidade recadadora (IBI) se recada a finais de ano, altera picos de ingresos con picos de falta de liquidez, o que implica que o Concello teña que adiantar pagos a provedores.

O departamento de tesourería do concello emitiu un informe no que acredita que é preciso contratar unha operación de tesouraría a curto prazo para conseguir liquidez para os próximos meses. Ao mesmo tempo, os servizos de intervención tamén acreditan mediante un informe que o Concello pode soportar os intereses que previsiblemente xerará a operación de crédito.

O Concello publicou o anuncio de contratación no perfil do contratante e realizou a invitación ás entidades que teñen oficina aberta no Concello de Ames, aos efectos do inicio do cómputo do prazo de oito días naturais para presentar ofertas, e das traslado deste acordo aos servizos de intervención, tesouraría e contratación municipais.

Esta operación non sería un préstamo para o Concello, senón que consiste nun anticipo do que as arcas municipais ingresan a final de ano a través dos impostos.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames inicia trámites para un préstamo bancario a corto plazo de 2.775.000 €"