Pestanas principais

O Concello de Ames solicita ao departamento de Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña un informe sobre a taxa do lixo

Martes, 31 de xullo de 2012

[31-07-2012] O Goberno amiense solicitou ao departamento de Asistencia a Municipios da Deputación da Coruña un informe sobre o cobro retroactivo da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana. Esta solicitude únese aos contactos realizados con máis de dez concellos que xa abordaron procesos similares. Con estas actuacións, o Goberno amiense pretende que todas as decisións que se tomen sobre esta cuestión se fagan sempre cumprindo a lexislación e coa seguridade xurídica. Deste xeito, o Executivo continúa traballando de forma seria para buscar alternativas e analiza todas as opcións posibles.

O alcalde de Ames, Santiago Amor, subliñou que “seguimos tentando buscar unha solución que se sexa satisfactoria para todos os veciños e veciñas”. O rexedor aposta polo diálogo e por resolver a actual situación sempre desde o cumprimento da seguridade xurídica.

Paralelamente a estas xestións, o Concello amosa a súa intención de continuar co diálogo cos veciños, consciente de que se trata dun tema delicado e que causa preocupación. O Goberno lembra que xa se lles trasladaron varias propostas aos veciños afectados, mesmo nas reunións que se levaron a cabo polas parroquias. As máis significativas e importantes foron que se lles dá aos veciños a opción do fraccionamento do pago e que se propón baixar as taxas de recollida do lixo no rural a partir de 2013, co fin de minorar o pago dos atrasos.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: El Concello de Ames pide un informe a la Diputación sobre la tasa de la basura
El Correo Gallego: Ames solicita ao departamento de Asistencia a Municipios da Deputación un informe sobre o cobro da taxa do lixo