Pestanas principais

O Concello de Ames repartirá 4.050 euros no concurso e desfile de disfraces que se celebrará o luns 8 de febreiro no Milladoiro

Sábado, 06 de febreiro de 2016

[06-02-2016] O próximo luns, 8 de febreiro, o Concello de Ames celebra a quinta edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase, a partir das 17:00 horas, no aparcamento da Travesía do Porto, que está situado no Milladoiro. O prazo de inscrición para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartíranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Ademais, haberá un premio especial de 100 euros ao mellor disfrace creado con materiais de reciclaxe. Este ano como novidade creouse un novo premio dotado de 150 euros. Os grupos e charangas poderán optar a un segundo premio especial, que xulgará á mellor copla de composición propia cantada en galego.

Categorías e premios do concurso de disfraces
Ademais dos premios das categorías infantil, adultos, grupos e comparsas haberá un premio especial ao mellor disfrace creado con materiais de reciclaxe. Este ano como novidade creouse un novo premio. Os grupos e charangas poderán optar a un segundo premio especial, que xulgará á mellor copla de composición propia cantada en galego.

Os grupos ou comparsas terán, como máximo, cinco minutos para cantar a súa copla subidos ao escenario. As actuacións e os disfraces serán avaliados por tres persoas designadas polo departamento de Cultura e Educación cuxa decisión, inapelable, será dada a coñecer o mesmo día do concurso. Repartiranse 3.800 euros entre as categorías infantil, adulta, de grupos e de charangas, que se suman a outros 100 euros destinados ao mellor disfrace reciclado e 150 euros á mellor copla.

O Concello de Ames xa ten todo preparado para celebrar o vindeiro luns, 8 de febreiro, a Festa de Entroido, que este ano se desenvolverá na localidade do Milladoiro a partir das 17:00 horas. A programación desta festa conta cun concurso e desfile de disfraces no que se pode participar nas seguintes categorías: infantil, adulto, por grupo ou en comparsa. Nas dúas primeiras poderase participar de forma individual ou en parellas. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do concurso de disfraces e os impresos de inscrición.

Os participantes deberán ter 12 anos ou menos na categoría infantil e máis de 12 anos na de adultos. Os grupos deberán estar formados por entre 3 e 9 persoas e as comparsas por 10 ou máis persoas, de calquera idade en ambos casos. O concurso desenvolverase no aparcadoiro da Travesía do Porto, no Milladoiro, enfronte á Escola Infantil desta localidade. Dende ás 08:00 horas do luns 8 de febreiro estará prohibido o aparcamento de vehículos no aparcadoiro da Travesía do Porto.

As inscricións poden realizarse ata as 11:00h do luns 8 de febreiro
As inscricións para participar no concurso de disfraces realizaranse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo ao enderezo cultura.milladoiro@concellodeames.gal. A data límite das inscricións é o propio luns 8 de febreiro, día do concurso, ás 11:00 horas.

Os datos que hai que achegar son o título do disfrace, o nome e apelidos da/s persoa/s representante/s, o DNI, un teléfono de contacto, a categoría na que se participa e o número de participantes. Os menores de idade deberán ser inscritos polo seu responsable legal. No caso dos grupos, a inscrición deberá ser asinada por dúas persoas maiores de idade; catro no caso das comparsas, sempre que non pertenzan a asociacións legalmente constituídas. Os representantes deberán estar respaldados polos demais membros concursantes e autorizados para recoller o premio.

O concurso de disfraces comezará ás 18:00 horas e os concursantes desfilarán, acompañados da música dunha charanga, pola Travesía do Porto, e polas rúas de Pardiñeiros, Agro do Medio, Agro da Madalena, e dos Cereixos, volvendo a pasar pola Travesía do Porto antes de chegar ao punto de saída. Debido ao desfile de disfraces haberá cortes de tráfico entre as 18:00 e as 20:00 horas nestas rúas. Dende a Policía Local de Ames recomendan que as persoas que desexen acceder ao polígono industrial Novo Milladoiro circulen pola avenida do Muíño Vello.

Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un mapa no que está marcado o percorrido do desfile de disfraces e os lugares onde se pode aparcar e que están próximos ao lugar onde se realiza o Festa do Entroido.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Ames repartirá máis de 4.000 euros entre os mellores disfraces que participen hoxe no concurso e desfile pola Travesía do Porto"