Pestanas principais

O Concello de Ames reparte 17.433 euros entre sete ANPAS municipais

Luns, 20 de abril de 2015

[20-04-2015] O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local a concesión das axudas para a promoción de actividades levadas a cabo polas ANPAS dos centros educativos amesás durante o ano 2014. En total repartíronse 17.433,37 euros entre sete ANPAS municipais. Deste xeito, concedeuse preto do 95% das achegas destinadas a estas entidades, xa que o importe total da partida orzamentaria para estas axudas era de 18.500 euros.

O obxectivo desta convocatoria de axudas é enriquecer a formación da poboación escolar do concello de Ames, a través do desenvolvemento de actividades que complementen a súa formación regrada. Ademais, búscase promover a convivencia dos escolares fóra do ámbito académico e impulsar a conciliación da vida laboral e familiar, así como ofrecer aos pais e nais unha alternativa fóra do horario escolar.  

O reparto das axudas realizouse da seguinte maneira: a ANPA do CEIP Agro do Muíño recibiu 4.000 euros; a ANPA San Mauro obtivo unha achega de 2.617,57 euros; á ANPA da Escola infantil municipal A Madalena correspóndenlle 1.312,75 euros; a ANPA Millapeques disporá de 3.374,08 euros; a ANPA do IES de Ames abonaránselle 96 euros; a ANPA As Brañas recibirá 2.032,97 euros e a ANPA do CEIP A Maía contará con 4.000 euros.  

Grazas a estas contías as ANPAS puideron sufragar ata un máximo do 80% dos gastos que lle supuxeron as saídas culturais ou as actividades extraescolares que realizaron ao longo do pasado curso escolar. O importe individual das achegas concedidas non pode superar os 4.000 euros, segundo o previsto nas bases reguladoras desta convocatoria de axudas.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames concede 17.433 euros a las asociaciones de padres"