Pestanas principais

O Concello de Ames remitirá á Subdelegación do Goberno en Galicia as conclusións da comisión informativa especial sobre os plenos de setembro e novembro

Venres, 02 de agosto de 2013

[02-08-2013] Tras o remate das reunións da comisión, o Concello de Ames remitirá á Subdelegación do Goberno en Galicia as conclusións da comisión informativa especial sobre os feitos acontecidos nos plenos de setembro e novembro. Dita comisión foi creada por acordo plenario de 27 de xuño de 2013 e, tras varias reunións, acadou as súas conclusións o pasado 19 de xullo.

Remítese adxunto o documento coas conclusións da comisión informativa especial sobre os plenos de setembro e novembro, co voto particular do grupo municipal popular.