Pestanas principais

O Concello de Ames rematou a execución das obras para dotar de saneamento e rede eléctrica á parcela do centro de saúde do Milladoiro

Mércores, 08 de xullo de 2020

O Concello de Ames dá por finalizados os traballos para dotar de saneamento e abastecemento de auga, así como de rede eléctrica e de telefonía á parcela onde se construíu o novo centro de saúde do Milladoiro. Está pendente de executar a acometida de gas que se realizará nas vindeiras semanas. Tamén se instalou un tubo poroso, por un lateral da parcela, para recoller as augas pluviais, que se  recollerán pola parte traseira da parcela co obxectivo de que as pluviais teñan un correcto desaugue.  Ademais, xa están asfaltados os viarios que se abriron ao redor do centro de saúde.

Esta mañá, o alcalde de Ames, Jose Miñones, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e o representante da empresa Iglesias Mera, achegáronse á parcela onde se construíu o novo centro de saúde do Milladoiro, para comprobar que están rematados os traballos que dependían do Concello como son a instalación das redes eléctrica e de telefonía. Está pendente de executar a acometida de gas que se realizará nas vindeiras semanas.

Tamén se instalou un tubo poroso, por un lateral da parcela, para recoller as augas pluviais, que se recollerán pola parte traseira da parcela co obxectivo de que as pluviais teñan un correcto desaugue. Ademais, xa están asfaltados os viarios que se abriron ao redor do centro de saúde. Técnicos/as municipais do departamento de urbanismo acompañaron ao membros do goberno municipal.

O rexedor municipal e mailo concelleiro de Obras tamén estiveron co inspector da Policía Local de Ames, para estudar o sentido de circulación que se establecerá nos viarios que se habilitaron ao redor do edifico do centro de saúde. A Policía Local elaborará un informa detallando o sentido de circulación e a sinalización vertical e horizontal que haberá que poñer para regular o tráfico en ditos viarios.   

O alcalde, Jose Miñones, sinala que “as obras que lle correspondían ao Concello de Ames están practicamente rematadas. Está pendente de executar a acometida de gas que se realizará nas vindeiras semanas. Unha vez finalizados ditos traballos notificaráselle á Xunta, para que canto antes poida entrar en funcionamento o novo centro de saúde do Milladoiro, que é unha reivindicación da veciñanza do Milladoiro de xa hai moitos anos”.

Novo centro de saúde do Milladoiro
O novo centro de saúde do Milladoiro está composto basicamente dun andar, á que se accederá dende a parte alta da parcela, destinada ás zonas de uso público. Como o terreo ten unha pendente, na zona onde a superficie é máis baixa hai tamén un andar -1, que albergará a zona restrinxida ao persoal, instalacións e almacéns.

O novo centro de saúde contará cunha área de medicina con seis consultas de medicina xeral, catro de enfermería, unha para farmacia, odontoloxía e hixienista dental; ademais dunha sala de toma de mostras, dúas salas de técnicas e outras tres salas polivalentes. Polo que atinxe a área pediátrica, terá dúas consultas de pediatría e unha consulta de enfermería pediátrica; mentres que a área da muller terá unha consulta de matrona e unha sala de educación para a saúde.

O centro terá, así mesmo, unha área de fisioterapia e rehabilitación, un despacho para o traballador social e unha área de persoal, e disporá dos servizos de apoio e administrativos necesarios para o funcionamento das instalacións. O proxecto de construción propón un esquema de espiña de peixe, con patios arborizados, o que permite unha boa disposición, garantindo ventilación e iluminación natural en todas as dependencias, á vez que optimiza os percorridos de circulación.

Este novo centro atenderá unha poboación de arredor de 14.000 persoas, suporá que tanto os profesionais como os usuarios/as dispoñan dunha infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde presentes e futuras dos veciños e veciñas de Ames.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Concluyen las obras para dotar de luz, agua y teléfono al futuro centro de salud de O Milladoiro"

Compostela 24 horas: "Ames rematou a execución das obras para dotar de saneamento e rede eléctrica á parcela do centro de saúde do Milladoiro"

El Correo Gallego: "Xa ten electricidade o futuro centro de saúde do Milladoiro"

Imaxe da visita feita hoxe ao centro de saúde do Milladoiro

Multimedia

  • Imaxe da visita feita hoxe ao centro de saúde do Milladoiro
  • Imaxe do centro de saúde do Milladoiro
  • Imaxe do centro de saúde do Milladoiro
  • Imaxe do centro de saúde do Milladoiro
  • Imaxe do centro de saúde do Milladoiro
  • Imaxe do centro de saúde do Milladoiro