[07-06-2012] O Concello de Ames acaba de rematar os traballos de acondicionamento e tapado fochas de varios camiños e pistas do municipio. En total, estas obras supuxeron un investimento superior aos 9.000 euros.
Deste xeito, nos últimos días, rematáronse as obras para tapar as fochas con aglomerado en frío no Milladoiro. No marco destes traballos, leváronse a cabo melloras na intersección de Xaquín Lorenzo coa rúa do Francés, na Rúa do Agro do Medio e nos arredores do centro médico, na Travesía do Porto e na Rúa de Abaixo, na rúa do Muíño Vello, e na esquina da rúa da Raxoeira con rúa de Abaixo.
Na parroquia de Biduido, tapáronse as fochas dunha pista en Framil, mentres que en Bugallido procedeuse á mellora da pista que une Outeiro e Quistiláns e aplicouse un dobre tratamento asfáltico de pista en Mougaride. Neste último caso, traballouse en 130 metros por catro de ancho.
Os traballos de mellora e acondicionamento tamén se levaron a cabo na parroquia de Ames. Nesta zona, procedeuse á reparar pistas nas aldeas de Pousada, Pegariños, Cruxeiras e Pedras.
En Trasmonte, as obras realizáronse nunha pista en Sorribas e xunto á fábrica de Portanxil. Por último, en Ortoño tamén se aplicou aglomerado en frío nun tramo da pista de Ortoñiño.