Pestanas principais

O Concello de Ames recolle o Premio Colaboración Interadministrativa na XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Sábado, 13 de xuño de 2026

O Concello de Ames recolleu a pasada noite, no Hotel OCA Puerta del Camino, o Premio Colaboración Interadministrativa outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG, pola súa capacidade para impulsar espazos de colaboración entre administracións, tecido empresarial, centros de coñecemento e cidadanía, convertendo a cooperación institucional nunha “ferramenta real de transformación economía e social”. 

O alcalde de Ames, Blas García, recolleu este galardón a mans da deputada provincial responsable da área de Sectores Produtivos da Deputación de Coruña, Cristina Capelán Cancelo, durante o transcurso da XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, celebrada no día de onte no Hotel OCA Puerta del Camino, en Santiago de Compostela. 

Tamén lle foi entregado un diploma por parte de José Luis Albo, de Indra. O rexedor municipal estivo acompañado da concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, e do concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou durante o acto que “o concello de Ames rexistrou unhas cifras moi positivas no eido do sector tecnolóxico: 991 afiliados, dos cales o 9,17% pertencían á rama da tecnoloxía en Ames durante o 2025, segundo o Mapa de Empleo Tecnológico de España, da Fundación Cotec”. 

Ademais, engadiu “son uns número elevados en comparación con Galicia, que no seu conxunto sitúase no 5,8%; a provincia da Coruña nun 5,1%, e Santiago de Compostela arredor do 7%. O crecemento é alto, cunha suba de case dous puntos dende o ano 2019, gañando máis de 300 empregados no sector. Deste xeito, Ames sitúase cono un concello punteiro no sector tecnolóxico”.

Impulso da cooperación institucional 
O Concello de Ames recibe esta distinción por impulsar a cooperación institucional como “ferramenta real de transformación económica e social”, consolidándose como un dos municipios máis dinámicos de Galicia en materia de innovación, emprendemento e desenvolvemento tecnolóxico con iniciativas como a xornada InnovAmes e a atracción de empresas tecnolóxicas, innovadoras e de base dixital ao seu entorno. 

Tamén destacan outros proxectos estratéxicos capaces de xerar novas oportunidades para Galicia, como a implantación no parque empresarial do Milladoiro do Centro Avanzado de Tecnologías Aeroespaciales (CATEC), único centro tecnolóxico en España dedicado exclusivamente ao sector aeroespacial e referente europeo en investigación e desenvolvemento tecnolóxico. Ademais, o CPEIG destaca o traballo realizado polo Concello de Ames para fortalecer un entorno especialmente atractivo para empresas tecnolóxicas, innovadoras e de base dixital.

Novas relacionadas

La Voz de Galicia: "Los ingenieros informáticos premian al Concello de Ames por su mediación interadministrativa"

Diario de Santiago: "O Concello de Ames recolle o Premio Colaboración Interadministrativa na XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia"

O Concello de Ames recolle o Premio Colaboración Interadministrativa na XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia

Multimedia

  • O Concello de Ames recolle o Premio Colaboración Interadministrativa na XVIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia