Pestanas principais

O Concello de Ames recibe unha axuda de 15.000 euros para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deportes en 2023

Luns, 05 de xuño de 2023

O Concello de Ames recibirá unha axuda de 15.000 euros dentro da convocatoria posta en marcha pola Deputación da Coruña para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de Deportes durante o exercicio 2023. No caso do Concello de Ames dita subvención destinarase ao mantemento de persoal técnico deportivo.

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión das subvencións correspondentes ao programa FO106/2023: Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 20223. O Concello de Ames é un dos beneficiarios desta convocatoria cunha axuda de 15.000 euros para o mantemento de persoal técnico deportivo.

O animador deportivo do Concello de Ames encárgase das seguintes tarefas:
−Asumir a posta en marcha de programas de animación deportiva.
−Incentivar a participación cidadá na actividade deportiva.
−Dinamizar e animar grupos e entidades deportivas.
−Estudio e valoración das demandas dos cidadáns no eido deportivo.
−Atender e apoiar aos grupos e entidades deportivas do concello.
−Calquera outra propia do departamento no que se integra.

Logotipo da Deputación da Coruña