Pestanas principais

O Concello de Ames recibe o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio sobre o plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aero Club de Santiago

Xoves, 29 de novembro de 2012

[29-11-2012] O Concello de Ames vén de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre o plan especial de dotacións da cidade deportiva que o Real Aero Club de Santiago proxecta instalar na parroquia amiense de San Mamede de Piñeiro. O obxectivo do plan especial de dotacións é establecer e ordenar unha instalación de uso deportivo nun ámbito territorial clasificado polo PXOM de Ames como solo rústico de especial protección forestal.

O informe considera que son suficientes as medidas protectoras do patrimonio cultural que incorpora o plan especial. Estas medidas consisten na catalogación do entorno mediante fichas individualizas; na delimitación dos correspondentes contornos de protección e a asignación a estes contornos do Nivel de protección II. Area de Respecto, regulado no PXOM do Concello.

Con data de 17 de abril de 2012, a Xunta de Goberno Local do Concello de Ames deu luz verde á aprobación inicial do plan especial de dotacións. Por parte do Aero Club, presentouse un novo plan especial con data de 9 de outubro de 2012, que foi examinado polos técnicos municipais. A Xunta de Goberno Local do pasado 5 de novembro tomou coñecemento deste novo documento, que foi remitido a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames recibe o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio sobre o plan especial de dotacións da cidade deportiva do Real Aero Club de Santiago"