Pestanas principais

O Concello de Ames recibe á nova directiva do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro

Luns, 14 de outubro de 2013

[14-10-2013] O alcalde de Ames, Santiago Amor, acompañado da concelleira de Maiores, Carmen Verde, e do concelleiro de Urbanismo, Alfredo Taboada, recibiron esta mañá na Casa do Concello á nova xunta directiva do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro (JUPEMI), que foi elixida polos membros desta asociación o pasado 30 de setembro.

Por parte do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro (JUPEMI) asistiron o seu presidente, Eliseo Cives García; o vicepresidente, José Ramón Tato Rendo; o secretario, José Aurelio Fernández García; o tesoureiro, Julio Moreira, e un dos vocais, Eugenio López.

O obxectivo deste encontro foi felicitar e coñecer á nova xunta directiva de JUPEMI e analizar a situación actual da asociación. Ademais, os membros do Goberno municipal e da entidade repasaron os termos colaboración actual e abordaron a posibilidade de ampliar esta no futuro a través de diferentes actividades.

Na reunión, o Goberno amiense tamén lle expresou á nova directiva de JUPEMI a vontade de colaboración municipal na labor que desenvolven.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames recibe á nova directiva do Club de Pensionistas e Xubilados do Milladoiro"