Pestanas principais

O Concello de Ames realizará un estudo do tráfico que se rexistra diariamente na avenida Rosalía de Castro do Milladoiro

Martes, 07 de agosto de 2012

[07-08-2012] O Concello de Ames vén de encargar un primeiro estudo sobre o tráfico que se rexistra na avenida Rosalía de Castro do Milladoiro. Este estudo levarase a cabo mediante a instalación dun aforador, un sensor de infravermellos que rexistra os movementos do tráfico e que estará colocado na vía durante unha semana. O aforador medirá o tráfico que se rexistra nos dous carrís e gardará os datos estatísticos. O obxectivo é coñecer os datos para poder tomar as medidas necesarias para que os peóns lle gañen terreo ao tráfico rodado.

O obxectivo é realizar unha análise do punto de entrada ao Milladoiro, a través do control do volume de tráfico que se rexistra na N-550 ao seu paso por esta poboación. O aforador funciona cun sistema de infravermellos, que permite distinguir todo tipo de vehículos que transitan pola vía e contabilizar o volume de tráfico e as velocidades. Deste xeito, os datos estatísticos rexistrados polo aforador permitirán saber o número de vehículos que circulan pola avenida Rosalía de Castro, así como as horas nas que se rexistra unha maior circulación.

Unha vez transcorridos os sete días, analizaranse os datos estatísticos recollidos e elaborarase un estudo sobre as características do tráfico neste punto.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: Ames registrará el tráfico de Milladoiro en la N-550 para calibrar su impacto