Mércores, 12 de xullo de 2017
[12-07-2017] Membros da Corporación amiense e traballadoras e traballadores do Concello de Ames concentráronse esta mañá en recordo de Miguel Ángel Blanco. Tanto diante da casa consistorial en Bertamiráns, como nas oficinais municipais do Milladoiro, as e os asistentes á concentración gardaron un minuto de silencio.
Deste xeito, o Concello de Ames sumouse ás diferentes concentracións que se realizaron en diferentes municipios galegos. A concentración realizouse hoxe, ás 12:00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, en recordo de concelleiro popular en Ermua, Miguel Ángel Blanco.




