Pestanas principais

O Concello de Ames quere converter a antiga escola unitaria da parroquia de Agrón, agora en desuso, en albergue para peregrinos

Luns, 30 de marzo de 2015

[30-03-2015] Trátase dunha edificación de 378 metros cadrados en pleno Camiño de Santiago, na ruta a Fisterra, cada vez máis concorrida.

O alcalde, que visitou o que fóra centro escolar, espera ser recibido o vindeiro 1 de abril, pola responsable de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, con intención de estudar esta proposta.  

Santiago Amor indica que Ames non ten ningún albergue malia pasar polo concello dúas rutas: "Ademais de prestar un bo servizo aos peregrinos, estaríamos reutilizando unha instalación pública, polo que o investimento sería moi moderado".

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames proyecta un albergue en el Camiño de Fisterra"
El Correo Gallego: "O goberno de Ames pretende converter a escola unitaria de Agrón nun albergue para peregrinos"