Pestanas principais

O Concello de Ames publica o Plan do 1º semestre de 2016 para a mellora da Contratación Administrativa Municipal

Sábado, 16 de xaneiro de 2016

[16-01-2016] O goberno de Ames ven facer público na súa páxina Web, dentro do novo Portal de Transparencia, o Plan do 1º semestre do 2016 para a mellora da contratación administrativa. O plan establece medidas para optimizar os procedementos de licitación pública no Concello de Ames. O plan fai un seguimento da execución dos contratos incluídos no 2º semestre de 2015 ao tempo que establece un cronograma coa previsión das licitacións de obras servizos, subministros e outro tipo de contratacións para o primeiro semestre de 2016.

Con respeito ao seguimento da execución dos contratos incluídos no 2º semestre de 2015, destácase que se cumpriron unha parte importante dos obxectivos previstos incialmente entre os que se atopan os servizos de mantemento e reparación de ascensores, seguro de accidentes colectivo, actividades culturais municipais, servizos de realización de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores, servizos lúdicos de Bos Días, Tardes Divertidas e Escola de Verán, actividades deportivas municipais, limpeza de centros educación infantil, primaria e escolas unitarias, limpeza das escolas infantís de Ames, mantemento de instalacións semafóricas, subministro de maquinaria de parques e xardíns e obras incluídas nos Plans de Obras e Servicios (POS 2015) da Deputación da Coruña, e incluídas dentro do Programa de Aforro e Inversión (PAI 2015) e o Plan DTC.

Tamén se formalizaron neste último semestre de 2015 contratos menores e convenios entre os que figuran: o Convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a xestión do Servizo de Comedores Escolares en cinco centros educativos e para a realización de obras de mellora na zona deportiva do CEIP de Barouta, e o convenio coa Consellaría de Medio Rural e Mar para a participación na prevención e defensa dos incendios forestais.

Cronograma con previsións para o 2016

Tamén se inclúe a programación do primeiro semestre do 2016 establecendo un cronograma coa previsión das licitacións de obras servizos, subministros e outro tipo de contratacións. Nesta previsión o departamento de contratación inclúe, entre outras, as seguintes licitacións: servizo de socorrismo, xestión das cafeterías da Casa de Cultura de Milladoiro e Bertamiráns, servizo de mantemento de zonas axardinadas, seguridade, voz e datos, asistencia xurídica e letrada, ademais de todas as obras que irían con cargo aos Plans da Deputación PAS 2015, POS e PAI 2016.

Como decisións importantes dentro deste período haberá que escoller a modalidade de prestación do Ciclo Integral da Auga, así como a da prestación do servizo de cemiterio municipal.

Para o Alcalde Jose Miñones, "o traballo realizado nestes seis meses de Goberno queda ben reflexado nas múltiples contratacións que levamos a cabo neste período, regularizando situacións que levaban moitos anos en parálise". "O plan que se marca para os vindeiros 6 meses suporán, ademais da necesidade de axuste legal de moitos dos procesos, un aforro moi importante para as arcas municiapis. Aproveito para agradecer o traballo que leva adiante o departamento de contratación e ao seu persoal".

Pola súa banda, a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, responsable da área de Contratación manifesta que “ con este Plan de Mellora da Contratación imos dando resposta e axustando todas as obras, servizos, subministros e demáis contratacións ao establecido na normativa reguladora de contratos do sector público, á vez que difundimos no noso Portal de Transparencia toda a información contractual do Concello”.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"Ames prevé firmar 17 contratos de servicios y suministro en seis meses"