Pestanas principais

O Concello de Ames procede á contratación de servizos e subministros polo procedemento de emerxencia durante o estado de alarma

Xoves, 26 de marzo de 2020

O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía se aprobou a subministración de equipos de protección individual (EPI) para todo o persoal municipal, que deba prestar servizos mínimos no exercicio das súas funcións; a compra de material informático e tecnolóxico, así como dos servizos necesarios para a súa implantación na prestación dos servizos públicos; e mailas subministracións básicas para persoas en situación de emerxencia social ou aquelas necesarias para a prestación de calquera dos servizos socias do concello.

Como consecuencia da pandemia do coronavirus, o goberno do Estado ditou o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, de declaración do estado de alarma. Debido a iso o Concello de Ames, a través de decreto de Alcaldía, aprobou aplicar a tramitación de emerxencia prevista no artigo 120.1 da LCSP, autorizando incluso a contratación verbal, para a satisfacción de todas aquelas necesidades que veñan referidas a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma, ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Deste xeito aprobouse a subministración de equipos de protección individual (EPI) para todo o persoal municipal que deba prestar servizos mínimos no exercicio das súas funcións; a compra de material informático e tecnolóxico, así como dos servizos necesarios para a súa implantación na prestación dos servizos públicos; e mailas subministracións básicas para persoas en situación de emerxencia social ou aquelas necesarias para a prestación de calquera dos servizos socias do concello.

Suspensión de licitacións
Por outra banda, o Concello de Ames, tamén a través de decreto de Alcaldía, aprobou suspender a presentación de ofertas ao proceso de licitación do servizo de impartición de actividades de prevención, promoción da saúde e dinamización de persoas maiores e persoas con diversidade funcional (programa Amessan). Dito prazo quedou suspendido dende o pasado 14 de marzo de 2020 e reanudarase por 3 días naturais unha vez se levante o estado de alarma ou as súas prórrogas.

O mesmo ocorre co proceso de licitación das obras para a construción duns novos vestiarios baixo gradas no campo de fútbol do Milladoiro. O prazo de presentación de ofertas quedou suspendido dende o pasado 14 de marzo de 2020 e reanudarase por 10 días naturais unha vez se levante o estado de alarma ou as súas prórrogas.

Imaxe da fachada da Casa do Concello