Pestanas principais

O Concello de Ames prevé a reapertura das EIM O Bosque e A Madalena o día 4 setembro

Mércores, 19 de agosto de 2020

As Escolas Infantís Municipais de Ames reanudarán a súa actividade o día 4 de setembro, despois de meses pechadas por mor da alarma sanitaria provocada pola COVID19. Está previsto que o proceso de reapertura das Escolas de O Bosque e A Madalena se realice seguindo as medidas, indicacións e recomendacións recollidas no Plan de reactivación no ámbito infanto-xuvenil da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Este Plan de reactivación no ámbito infanto-xuvenil acorda a reapeertura dos servizos e centros de atención á infancia como escolas infantís 0-3, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas a partir do 1 de setembro de 2020. Logo deste permiso, en Ames farase a reapertura o día 4 de setembro, día que xa estaba marcado no calendario escolar do concello de Ames como o de inicio da actividade das Escolas Infantís Municipais.

Xuntanza do concelleiro coas directoras das escolas infantís

O concelleiro de Educación David Santomil mantivo esta semana unha reunión coas directoras de ámbolos dous centros educativos para coordinar esta reapertura e inicio do curso escolar, aplicando o protocolo establecido pola Xunta de Galicia. Nesta mesma reunión avanzouse na elaboración dos informes para a modificación da Ordenanza e o Regulamento das escolas infantís municipais de cara a adaptalos á LEI 13/2008, do 3 de decembro, de Servicios Sociales de Galicia, sobre actuacións para conseguir a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís de 0 a 3 anos para os segundos/as fillos/as e sucesivos/as, que necesariamente terá que aprobarse, de ser o caso, polo Pleno da Corporación.

Após da xuntanza, o concelleiro de Educación, David Santomil manifestou: "adoptamos esta decisión unha vez recibida a resolución da Consellería de Política Social sobre a reapertura das escolas infantís, aínda que o inicio de curso dependerá en boa medida da evolución epidemiolóxica e das instrucións que neste sentido poidamos recibir nas vindeiras semanas por parte da administración autonómica e Estatal". "As escolas infantís desenvolven un traballo fundamental no ámbito educativo e da conciliación da vida laboral e familiar", engadiu Santomil.

Antecedentes

Logo de que a Organización Mundial da Saúde elevase o 11 de marzo de 2020 a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 á categoría de pandemia internacional. E de que o 14 de marzo o Boletín Oficial del Estado publicase un Real decreto declarando o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o 10 de xuño o Boletín Oficial del Estado núm. 163 publica o Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise ocasionada polo COVID-19, en relación co inicio da etapa de desaceleración con vistas á superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, recolle no núm. 4.3.1 do seu anexo que os servizos e centros de atención á infancia como escolas infantís 0-3, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas permanecerán pechados mentres non se dite resolución da consellería competente en materia de política social que acorde a súa reapertura.

O 17 de agosto, o D.O.G recolle as disposici´pons da Consellaría de Política Territorial nas que se especifica “acordar a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia como escolas infantís 0-3, puntos de atención á infancia, casas niño, espazos infantís e ludotecas a partir do 1 de setembro de 2020.” e que “o proceso de apertura realizarase seguindo as medidas, indicacións e recomendacións recollidas no Plan de reactivación no ámbito infanto-xuvenil dispoñible na páxina web da Consellería de Política Social e da Consellería de Sanidade”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Vuelta al cole en O Bosque y A Madanela el día 4"

Compostela24 Horas: "Ames prevé a reapertura das EIM O Bosque e A Madalena o día 4 setembro"

Escola Infantil O Bosque

Multimedia

  • vendimia na Madalena
  • preparando excursión