Pestanas principais

O Concello de Ames presenta o novo dominio .gal no acto do Día de Galicia

Venres, 24 de xullo de 2015

[24-07-2015] O Concello de Ames conmemorou este xoves, 23 de xullo, o Día de Galicia cun acto institucional no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Neste acto presentouse o novo dominio da páxina web municipal, que dende hoxe dispón do dominio .gal. Deste xeito, tamén se pode acceder ao sitio web do Concello de Ames a través do enderezo www.concellodeames.gal. Ademais, o acto estivo amenizado coa música do grupo amesán de pandereteiras As Maianas e dous rapaces do club de piragüismo Ribeiras do Tambre (Juan Alfredo Martínez e Lorena Viaño Del Río) leron un manifesto institucional apoiado polos grupos políticos que forman o goberno municipal (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), así como por Ames Novo e Pacto por Ames. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, podes obter este manifesto.


Recuperación da capela do Pazo da Peregrina
Ademais, cómpre salientar que se recuperou o uso da capela, que está situada no Pazo da Peregrina, para dedicala a arquivo histórico de Ames e do Val da Maía. O acto rematou cunha nova actuación do grupo amesán de pandereteiras As Maianas, que lle puxo o punto e final a este evento cantando o himno galego xunto a todos os veciños e veciñas que se achegaron ata o Pazo da Peregrina.

A edil de Comunicación explicou que “co dominio .gal o Concello de Ames quere contribuír á construción permanente da identidade galega, baseada na súa lingua e cultura, que é o que representa a existencia deste dominio propio no mundo virtual e da Internet”.

Trala intervención de Isabel Vaquero, volveron a actuar As Maíanas.
De seguido, un rapaz (Juan Alfredo Martínez Pereiro) e unha rapaza (Lorena Viaño Del Río), pertencente ambos os dous ao club de piragüismo Ribeiras do Tambre leron un manifesto institucional apoiado polos grupos políticos que forman o goberno municipal (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), así como por Ames Novo e Pacto por Ames.

O acto conmemorativo do Día Nacional de Galicia foi un evento sinxelo e aberto a todos os veciños e veciñas de Ames no que participaron todos os grupos que forman parte da corporación municipal, excepto o concelleiro de Ciudadanos debido a que dende o seu grupo non están de acordo co manifesto elaborado para esta celebración. Este evento comezou arredor das 21:00 horas cunha actuación do grupo amesán de pandereteiras As Maianas.

A continuación, o alcalde de Ames, José Miñones, abriu o acto cunha intervención que lle deu paso á concelleira de Comunicación, Isabel Vaquero, que foi a encargada de facer a presentación do novo dominio da páxina web municipal, que dende hoxe dispón do dominio .gal. Deste xeito, tamén se pode acceder ao sitio web do Concello de Ames a través do enderezo www.concellodeames.gal.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames adelantó el acto oficial del Día de Galicia y hoy estrena el dominio .gal"
El Correo Gallego: "A capela da Peregrina será o arquivo histórico de Ames"