Venres, 29 de maio de 2015
[29-05-2015] As clases estarán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do club vigués
O vindeiro luns, 1 de xuño, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá unha rolda de prensa para presentar este evento deportivo. Nesta presentación participarán o alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, a concelleira en funcións de Deportes, Ana Ruso, un representante da Fundación Celta de Vigo, o presidente da Peña Celtista do Milladoiro, Brais Alonso, e un directivo do Milladoiro SD. As clases deste campus de fútbol serán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Club Celta de Vigo.




