Pestanas principais

O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro

Xoves, 28 de decembro de 2023

Esta mañá a Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a presentación da Gran Festa de Reis do Concello de Ames, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de xaneiro. Ao acto asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Mocidade, Carmen Porto e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz. Tamén estiveron presentes representantes de Mirabelle Comunicación, xunto con tres paxes reais que colaborarán na celebración. A programación presentada inclúe unha recepción dos Reis aos nenos e nenas, visitas por todas as parroquias do Concello, cabalgatas no Milladoiro e en Bertamiráns e unha festa de despedida nos pavillóns municipais. Toda a programación municipal de Nadal pode consultarse premendo nesta ligazón.

Un ano máis, a Gran Festa de Reis organizada polo Concello de Ames inclúe unha ampla oferta de espectáculos e actividades que se desenvolverán entre os días 3 e 5 de xaneiro en distintos puntos do municipio. Todos eles se deron a coñecer esta mañá na Casa da Cultura do Milladoiro durante un acto no que estiveron presentes o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Mocidade, Carmen Porto; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; Rocío González, de Mirabelle Comunicación; e tres paxes reais, que colaborarán na Gran Festa de Reis.

Á presentación tamén acudiron algúns do 82 nenos que formarán parte das cabalgatas, todos eles seleccionadas polas ANPAS de varios centros escolares de Ames: o IES de Ames, o CEIP de Barouta, o CEIP da Maía, o CEIP Agro do Muíño CEP de Ventín.

Durante o acto, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, agradeceu a implicación das distintas empresas colaboradoras, entre as que se atopan algunhas afincadas en Ames como CLUN (que doará iogures) ou Iluminaciones Santiaguesas (que se encargará da almacenaxe das carrozas). Ademais, a empresa Galirent colabora cedendo os coches nos que irán os Reis Magos o día das cabalgatas. Tamén agradeceu participación e colaboración das asociacións de veciños e veciñas do rural

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, tamén quixo poñer en valor o traballo das ANPAS, ás que lles agradeceu a súa colaboración á hora de seleccionar aos nenos e nenas que irán nas carrozas das cabalgatas. Nesta mesma se expresou o alcalde, Blas García quen, ademais de destacar o papel dos centros escolares e das familias, fixo especial mención á Protección Civil e á Policía Local de Ames “que fan posible que eventos coma este se leven a cabo con éxito”.

Gran Festa de Reis
A programación comezará coas recepcións que farán os Reis Magos para os nenos e nenas os días 3 e 4 de xaneiro, tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Alí, as Súas Maxestades atenderán as peticións de agasallos dos máis pequenos e entregaranlles unha bandexa para que poidan deixarlles na casa lambetadas e bebidas aos Reis, para que repoñan forzas mentres reparten os agasallos. Así, os Reis Magos estarán os días (o 3 e o 4 de xaneiro) nos pavillóns municipais de ambas localidades. O día 3 as as visitas serán de 16:30 a 20:00 horas, mentres que o día 4 será en horario de mañá e de tarde: de 11:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas. As persoas interesadas en asistir deben acudir con cita previa, que xa se pode reservar accedendo á Sede electrónica do Concello de Ames e seleccionando día, hora, e localidade.

Xa o 5 de xaneiro, o mesmo día de Reis, as Súas Maxestades percorrerán todos os recunchos do Concello visitando os locais sociais das distintas parroquias, para que os cativos e cativas do rural tamén poidan desfrutar da súa visita.  Deste xeito, ao longo da mañá Melchor, Gaspar e Baltasar estarán nas once parroquias do concello. Pasarán por Ameixenda e Cruxeiras a partir das 10:00 horas, por Aguapesada ás 10:30h, por Piñeiro e Covas ás 11:00h, por Tapia e Ortoño ás 11:30h, por Lens ás 12:00h, por Agrón e Bugallido ás 12:30h, por Trasmonte ás 13:00h e por Biduído ás 13:30 horas. As visitas contarán coa colaboración da Protección Civil de Ames, que acompañará aos Reis e aos paxes ao longo de todo o seu percorrido.

Para pechar a Gran Festa de Reis, o día 5 de xaneiro pola tarde dúas cabalgatas percorrerán as rúas de Bertamiráns e do Milladoiro. Nela participarán 82 nenos/as e mozos/as, divididos en distintas carrozas desde as que se repartirán caramelos sen glute. O percorrido das cabalgatas pode consultarse nesta ligazón.

A primeira cabalgata será a do Milladoiro, de 17:00 a 18:00 horas. A comitiva real sairá da rúa Agriños, proseguirá pola Travesía do Porto – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio - Rúa de Abaixo – Rúa Raxoeira – Rúa Anxeriz – Rúa Cruxa – Agro do Medio - Rúa Cereixos – Travesía do Porto. Ao rematar, as Súas Maxestades desprazaranse ata o pavillón municipal da localidade arredor das 18:00 horas. Alí despediranse dos máis pequenos da casa e darán paso ao espectáculo de animación infantil ”Estrela de mar pincha!”. Ademais, os asistentes poderán desfrutar de rosca con chocolate e de iogures doados por CLUN.

Posteriormente, os Reis chegarán a Bertamiráns, onde a cabalgata será de 19:00 a 20:00 horas. As carrozas sairán da estrada de Lapido, á altura do 108; a continuación proseguirán por Avenida da Maía – Travesía do Pedregal – Rúa Pedregal – Avenida da Maía – Avenida da Peregrina ata rematar no pavillón.  Igual que acontecerá no Milladoiro, haberá un fin de festa do pavillón municipal, onde tamén se poderán degustar a rosca con chocolate e os iogures de CLUN. Tamén en Bertamiráns se representará o espectáculo “Estrela de mar pincha!”.

Novas relacionadas:

Ames Go: "Os Reis Magos percorrerán todo Ames o día 5"

O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro

Multimedia

  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro
  • O Concello de Ames presenta a Gran Festa de Reis, que se celebrará do 3 ao 5 de xaneiro