[15-10-2011] O Concello de Ames prepara un plan de choque para repoñer os xardíns da rúa Anxeriz onde o anterior goberno, fixo unha inversión de 1.256.141,56 euros sen contemplar previsión para un posterior mantemento polo que agora os xardíns están totalmente abandonados e presentan un grave estado de deterioro ao igual que o pavimento da propia rúa. Nos próximos días o Concello procederá ao levantamento e acondicionamento de tódolos xardíns da Rúa Anxeriz así como á instalación dun rego ecolóxico que permita un gasto eficiente da auga sen despilfarrala. Os xardíns atópanse gravemente deteriorados por non contar cun sistema de rego propio e debido a que a seca obrigou a restrinxir o uso de auga para garantir o consumo doméstico.
Os traballos serán realizados por un grupo de alumnos en prácticas que acolle o Concello de Ames procedentes dun centro de formación encadrados dentro da Programación de Accións Formativas dirixidas a persoas traballadoras en desemprego. Entre os traballos que levarán a cabo está a poda das árbores e o replantado de especies. Estas actuacións levaranse a cabo cando comece a cambiar o tempo para ter maiores posibilidades de éxito no replantado.
Contido relacionado
La Voz de Galicia: "El deterioro de la calle Anxeriz abre otro frente entre el PP y el PSOE amiense"




