Pestanas principais

O Concello de Ames premiará os mellores escaparates dos establecementos comercias

Mércores, 26 de novembro de 2014

[26-11-2014] O Concello de Ames abre o prazo de inscrición para participar no IX “Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2014”. Un ano máis a Concellería de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo puxo en marcha esta iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio amesán e estimular as compras. Os escaparates deberán estar decorados con motivos e adornos de Nadal dende o 15 de decembro de 2014 ata o 5 de xaneiro de 2015. Repartíranse un total de 2.000 euros entre os catro establecementos premiados. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases e o impreso de inscrición neste concurso.

Os locais interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 10 de decembro de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nos rexistros municipais existentes na Casa do Concello, en Bertamiráns, e nas oficinas municipais do Milladoiro. O rexistro xeral da Casa do Concello tamén está aberto os sábados entre as 09:00 e as 14:00 horas. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, os escaparates deberán estar expostos entre os días 15 de decembro de 2014 e o 5 de xaneiro de 2015.

Repartiranse 2000 euros en premios
Nesta edición volve haber catro premios. O primeiro premio estará dotado de 800 euros, o segundo premio será de 600 euros e o terceiro premio dispón de 400 euros. Ademais, por segundo ano consecutivo, estableceuse un premio especial do público que estará dotado con 200 euros. Este premio do público será elixido entre toda a veciñanza amesán. Para iso, o Concello entregará 150 boletos a cada establecemento inscrito no Concurso de Escaparates, para que sexan distribuídos entre a súa clientela.

Os boletos depositaranse, debidamente cubertos, nas urnas situadas para tal efecto tanto na Casa de Cultura e Casa do Concello, en Bertamiráns; como na Casa de Cultura e na Biblioteca municipal, do Milladoiro, entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro de 2015. O establecemento que reciba o maior número de votos, será o gañador deste premio especial.

Todas as persoas que emitan, polo menos, un voto participarán nun sorteo dun teléfono “iPhone 6”. O gañador ou gañadora deste regalo darase a coñecer o mesmo día en que se fagan públicos o resto dos premiados do Concurso de Escaparates Nadal 2014. Ademais, os catro establecementos premiados terán un mes de publicidade gratuíta en Ames Radio.


Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El Concello amiense reparte dos mil euros en premios de escaparatismo"
El Correo Gallego: "Ames premiará os mellores escaparates dos establecementos comercias"