Pestanas principais

O Concello de Ames organiza unhas xornadas de portas abertas para coñecer a nova ETAP de Lens

Xoves, 02 de xuño de 2016

[02-06-2016] Con motivo da próxima posta en funcionamento da potabilizadora de Lens, a cal vai a abastecer de auga potable aos concellos de Ames e Brión, organizáronse unhas xornadas de portas abertas durante o venres 3 e o sábado 4 de xuño. A través desta iniciativa, que está dirixida á veciñanza que estea interesada, vanse a realizar unha serie de visitas guiadas a estas instalacións para poder coñecer o seu funcionamento. O prazo para apuntarse nesta iniciativa remata o xoves 2 de xuño.


A ETAP, que se sitúa na parroquia de Lens, dispón dunha capacidade de 175 litros por segundo para dar servizo aos municipio de Ames e de Brión, sendo máis de 50.000 os habitantes beneficiados coa súa posta en marcha y uns 100.000 nunha estimación futura. O proxecto inclúe 12 quilómetros de tubaxe, así como un deposito de regulación e de cabeceira de 10.000 metros cúbicos que se conecta por gravidade e subministra auga cara os depósitos xa existentes en Ames e Brión.

Par dar a coñecer estas novas instalacións, que o goberno municipal, prevé que entren en funcionamento proximamente, organizáronse unhas xornadas de portas abertas que se van a desenvolver este venres 3 (todo o día) e o sábado 4 de xuño (xornada de mañá). A través desta iniciativa realizáranse visitas guiadas de aproximadamente 45 minutos, debendo os grupos non superar as 15 persoas.

Para o que, e con motivos de organizar as visitas, todas aquelas persoas ou colectivos que desexen visitar as instalacións da nova ETAP deberán comunicalo por teléfono ou por correo electrónico (662377633 - atencioncidada@concellodeames.gal), informando do número de persoas que asistirán, e o día e a hora que prefiren para realizar a visita.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Fin de semana de puertas abiertas para conocer la potabilizadora de A Maía"