Pestanas principais

O Concello de Ames organiza unha recollida tapóns de plástico en favor de Paula

Venres, 20 de xaneiro de 2012

[20-01-2012] O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, puxo en marcha unha campaña para recoller tapóns de plástico en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Paula é unha nena de Boiro que naceu sen sacro. Precisa dunha intervención cirúrxica moi custosa en Alemaña. Reciclando tapóns pódemos axudala. O Concello de Ames enviaralle os tapóns á plataforma de apoio a Paula. Despois a devandita plataforma remitiralle todos os tapóns que xunte á empresa Acteco, unha compañía de reciclaxe de Alacante, que llos tocará por diñeiro. A entrega de tapóns pódese realizar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de mañá de 9:00 h. a 14:00 horas, e de tarde de 16:30 h. a 22:00 horas.

O Concello de Ames estase sumando ás iniciativas postas en marcha en favor de Paula, unha nena de 16 meses que ten agenesia sacra. Paula naceu sen sacro e con dúas vertebras mal formadas o que lle afecta as extremidades inferiores. Esta rapaza non pode andar e necesita un tratamento cun custo moi elevado. Para pagar parte do tratamento que terá que realizar Paula en Alemaña, a Oficina de Voluntariado, organizou unha campaña de recollida de tapóns de plástico.

A entrega de tapóns pódese realizar nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, en horario de mañá de 9:00 h. a 14:00 horas, e de tarde de 16:30 h. a 22:00 horas. Unha vez pechada a campaña, a Oficina de Voluntariado de Ames enviaralle os tapóns á plataforma de apoio a Paula. Posteriormente, esta plataforma remitiralle todos os tapóns que xunte á empresa Acteco, unha compañía de reciclaxe de Alacante, que llos tocará por diñeiro.

Dende a plataforma de apoio a Paula manifestan que as iniciativas postas en marcha ata o de agora tiveron moi boa acollida entre a sociedade galega e xa se recadaron 135.000 euros, preto da metade da cantidade necesaria para costear as intervencións ás que a nena ten que ser sometida en Alemaña.

Anteriormente, o Concello xa organizou o III partido benéfico de baloncesto Concello de Ames. O obxectivo desta cita deportiva foi recadar diñeiro para Paula. Neste partido o XL Milladoiro enfrontouse contra un equipo de famosos de Galicia entre os que se atopaban Pepo Suevos, Óscar Pereiro, Xavier Deive, Terio Carrera, David Amor e Federico Pérez entre outros. Nesta iniciativa recadáronse 2.600 euros.

Ademais de colaborar con esta iniciativa poden facer unha achega económica no número de conta 2080-0311-15-3000161584. Para máis información poden chamar á Oficina Municipal de Voluntariado de Ames marcando o número de teléfono 981 883 703.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Ames y O Son ayudarán a curar a Paula con una lluvia de tapones"
La Voz de Galicia: "Recaudados 2.600 euros en el partido benéfico de Bertamiráns"