Pestanas principais

O Concello de Ames organiza unha excursión á Casa Museo de Rosalía de Castro para o vindeiro sábado 22 de febreiro

Mércores, 12 de febreiro de 2014

[12-02-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Cultura organizou para o vindeiro sábado 22 de febreiro unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro, que se atopa en Padrón. Esta actividade enmárcase dentro da programación que organizou o Concello para celebrar o Día de Rosalía, que se conmemora cada 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da escritora galega. A programación de actividades continuará o domingo, 23 de febreiro, cun acto literario-musical. Todos os veciños e veciñas de Ames que desexen participar nesta visita poderán inscribirse ata o 19 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Hai dispoñibles 55 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que estean empadroadas no Concello de Ames.