Pestanas principais

O Concello de Ames organiza un programa de andainas saudables con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro

Martes, 19 de xuño de 2018

[19-06-2018] O Concello de Ames, a través da Concellaría de Sanidade, organizou un programa de andainas saudables, de 4,5 km de distancia, que está composta de 7 rutas urbanas circulares con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro. Trátase de andainas de dificultade media – baixa, que terán unha duración aproximada dunha hora ou hora e media.

Tralo éxito da andaina saudable realizada o pasado 31 de maio, con motivo da celebración do Día Mundial sen Tabaco, a Concellaría de Sanidade decidiu elaborar un programa de andainas saudables, que está composta de 7 rutas urbanas circulares con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro. Esta iniciativa está posta en marcha en coordinación co centro de saúde do Milladoiro.

As rutas urbanas de 4,5 km de distancia, que terán unha trazado circular e unha dificultade media-baixa, partirán ás 17:00 horas dende o centro médico de dita localidade. O percorrido terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar nesta actividade, que é aberta a toda a veciñanza, non é preciso inscribirse previamente. As devanditas andainas realizarase o terceiro xoves de cada mes dende o mes de xuño ata decembro.



Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "Ames organiza un programa de andainas saludables con salida y llegada desde el centro de salud del Milladoiro"
Lindeiros: "Andainas arredor do Centro de saúde do Milladoiro"