[19-02-2013] O Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de tute que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de febreiro. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 981 89 10 17 ou 981 89 05 14. Esta iniciativa comezará o día 4 de marzo e desenvolverase dous días á semana (luns e xoves), a partir das 20:00 horas.
O tute é un dos xogos de cartas con máis tradición en Galicia. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo de cartas. Por iso, dende o Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de tute que se desenvolverá a partir do luns, 4 de marzo, na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de febreiro. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 981 89 10 17 ou 981 89 05 14. Esta iniciativa comezará o día 4 de marzo e desenvolverase dous días á semana (luns e xoves), a partir das 20:00 horas. Xogaranse tres partidas a seis chicos cada unha. Ao final da liga, os tres primeiros clasificados serán premiados cun trofeo.
A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, animou a todos os veciños e veciñas a que participen neste campionato de tute xa que “trátase dunha iniciativa novidosa a través da cal se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando as cartas ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio. Ata o de agora xa hai seis parellas inscritas, pero agardamos que se inscriban moitas máis”.




