Pestanas principais

O Concello de Ames organiza un campionato de dominó na Casa da Cultura de Bertamiráns

Sábado, 13 de setembro de 2014

[13-09-2014] O Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de dominó que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Esta iniciativa comezará o día 3 de outubro e desenvolverase un día á semana (os venres), a partir das 20:00 horas. Haberá trofeos para os gañadores/as.

Despois do éxito do campionato de tute organizado durante entre os meses de febreiro e abril, o Concello de Ames volve a organizar un campionato pero esta vez de domino. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo. Por iso, dende a concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de dominó que se desenvolverá a partir do venres, 3 de outubro, na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de setembro. Para apuntarse hai que poñerse en contacto coa Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao número de teléfono 662 377 044. Esta iniciativa comezará o día 3 de outubro e desenvolverase un día á semana (os venres), a partir das 20:00 horas. Ao final do campionato, haberá trofeos para os gañadores/as.

A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, animou a todos os veciños e veciñas a que volvan a participar un ano máis neste campionato de dominó xa que “a edición celebrada o ano pasado tivo un gran éxito de participación”. Maria Carmen Verde explicou que se trata “dunha iniciativa a través da cal se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando a este xogo ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio”.