Pestanas principais

O Concello de Ames organiza un campionato de dominó na Casa da Cultura de Bertamiráns

Luns, 09 de setembro de 2013

[09-09-2013] O Concello de Ames, a través da concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizou un campionato de dominó que se desenvolverá na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de setembro. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Esta iniciativa comezará o día 1 de outubro e desenvolverase dous días á semana (martes e venres), a partir das 20:00 horas. Haberá trofeos para os gañadores/as.

Despois do éxito do campionato de tute organizado durante o pasado mes de marzo, o Concello de Ames volve a organizar un campionato pero esta vez de domino. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo. Por iso, dende a concellaría de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, organizaron un campionato de dominó que se desenvolverá a partir do martes, 1 de outubro, na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de setembro. Para apuntarse hai que poñerse en contacto coa Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao número de teléfono 662 377 044. Esta iniciativa comezará o día 1 de outubro e desenvolverase dous días á semana (martes e venres), a partir das 20:00 horas. Ao final do campionato, haberá trofeos para os gañadores/as.

A concelleira de Atención e Mediación Parroquial, Asociacionismo, Voluntariado e Maiores, María Carmen Verde, animou a todos os veciños e veciñas a que participen neste campionato de dominó. María Carmen Verde explicou que “dende a concellaría de Voluntariado e Maiores agardamos que este campionato teña o mesmo éxito que o que tivo o campionato de tute. Trátase dunha iniciativa novidosa a través da cal se pretende que a veciñanza amiense pase un anaco agradable xogando a este xogo ao tempo que se relaciona e se socializa con outra xente do municipio”.