[11-05-2012] O Concello de Ames convoca para as vindeiras semanas reunións cos veciños das diferentes parroquias do municipio, coa fin de ofrecer charlas informativas ao respecto das taxas de recollida de lixo.
A primeira das reunións será o luns, 14 de maio, no Local Social de Agrón ás 20,30 horas. Ao día seguinte, 15 de maio, a charla informativa celebrarase no Local Social de Tapia, tamén ás 20,30 horas. O mércores 16 de maio será a quenda da parroquia da Ameixenda. A reunión será no Local Social ás 20,30 horas.
Na seguinte semana, a primeira das reunións será cos veciños da parroquia de Ames. O encontro será o luns, 21 de maio, ás 20,30 horas no Local Social de Augapesada. Por último, o martes 22 a charla será á mesma hora no Local Social de Bugallido.




