Pestanas principais

O Concello de Ames organiza para este sábado, 28 de novembro, as primeiras Xornadas de Paisaxismo e Xardinería

Luns, 23 de novembro de 2015

[23-11-2015] O Concello de Ames, a través da concellaría de Medio Ambiente, organizou para este sábado, 28 de novembro, as primeiras Xornadas de Paisaxismo e Xardinería. O programa desta iniciativa está composto por tres charlas, que se impartirán na Casa da Cultura do Milladoiro, e un obradoiro que se desenvolverá nas instalacións da Aula da Natureza. O acceso ás charlas e libre e gratuíto, mentres que participar no obradoiro é preciso inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org

As xornadas comezarán ás 10:30 horas cunha charla sobre a historia e a evolución dos xardíns, que será impartida por Beatriz García Canitrot, enxeñeira técnica agrícola especialista en hortofruticultura, paisaxismo e xardinería, así como gañadora do primeiro festival internacional de xardíns de Ponte de Lima con Redemoinho de sensaçoes, e Santiago Lamosa Quintero, docente de produción vexetal e do Máster arquitectura da paisaxe da USC.

Ás 12:00 horas haberá unha segunda charla denominada Terapia Hortícola: Horticultura para sa saúde, a educación e a inclusión socio-laboral, a cargo de Inma Peña e Leila Alcalde, ambos da Asociación Española de Terapia Hortícola e Horticultura Escolar Aethores. A última charla do programa impartirase ás 13:00 horas e tratará sobre os xardíns verticais a cargo Beatriz García Canitrot. Estas charlas, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro, están abertas ao público en xeral e son gratuítas.

Deseño dun xardín vertical
A programación das xornadas continúa ás 16:00 horas na Aula da Natureza co obradoiro Balcón de plantas aromáticas, medicinais e culinarias, onde os participantes aprenderán a deseñar un xardín vertical co fin de aproveitar os pequenos espazos para poder humanizar con zonas verdes. Para participar neste obradoiro é necesario inscribirse previamente chamando ao número de teléfono 660 004 665 ou enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.org. Hai dispoñibles un total de 25 prazas.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: 'Ames celebra unas jornadas de paisaje y jardines'